O Ministerio de Industria e a Cámara de España poñen en marcha un portal informativo de oferta e demanda de equipos de protección persoal

21/04/2020

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Industria e Peme, e a Cámara de Comercio de España poñen en marcha o portal informativo todosprotegidos.camara.es que reflectirá a oferta e demanda de elementos e equipos de protección (máscaras, luvas, protectores visuais, batas e solucións hidroalcohólicas) en toda España. 

Para o secretario xeral de Industria e da Peme, Raúl Blanco, “o obxectivo desta iniciativa é facilitar o abastecemento deste tipo de produtos, sobre todo a pequenas e medianas empresas, para facilitar o seu regreso á actividade”. 

O presidente da Cámara de España. José Luis Bonet, subliñou que “a través deste portal as empresas poderán consultar e acceder de forma gratuíta a información útil sobre oferta e demanda de elementos de protección”. 

A paulatina volta á actividade económica a medida que se vaian producindo avances na superación da emerxencia sanitaria, debe realizarse coas máximas garantías de seguridade para todos losciudadanos,razón pola cal a utilización de equipos de protección individual será de obrigado cumprimento, non só a curto, senón tamén a medio prazo.

A produción deses equipamentos estaba ata o de agora deslocalizada fóra de España practicamente na súa totalidade. Unha circunstancia que deberá cambiar no futuro para asegurar o aprovisionamento destes elementos de protección para o conxunto da cidadanía e moi particularmente para os traballadores e traballadoras. 

A través do portal, as empresas fabricantes e/ou distribuidoras poderán informar dos produtos que ofertan, así como da súa capacidade de produción e/ou distribución e os prazos de entrega estimados. 

Pola súa banda, as empresas demandantes destes elementos de protección poderán informar das súas necesidades en cada momento. A través dun mapa interactivo, o portal ofrecerá información agregada do número de oferentes e demandantes en cada unha das provincias e cidades autónomas. 

A s empresas poderán acceder así mesmo a toda a información publicada pola Secretaría Xeral de Industria e Peme relacionada coas especificacións técnicas requiridas para a fabricación de elementos e equipos de protección persoal.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña