SELO COMERCIO DE CONFIANZA

23/05/2020
  • Recoñecemento do cumprimento das medidas de seguridade e hixiene para a prevención do COVID-19. 
  • Necesitas acreditar as medidas de seguridade e hixiene do teu establecemento comercial?.
  • Emitimos o selo Comercio de Confianza para reforzar a relación cos teus clientes. 

 

DIRIXIDO A 

Establecementos comerciais de compra-venda de produtos e/ou servizos. 

DESCRICIÓN 

O selo Comercio de Confianza acredita que o establecemento comercial elaborou, cos axustes esixidos polo seu sector de actividade, un protocolo e guía de boas prácticas de conformidade co Protocolo e Guía de Boas Prácticas dirixidas á Actividade Comercial en Establecementos Físicos e non Sedentarios publicado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. 

COMO FUNCIONA 

Poderase solicitar por algún dos seguintes medios:

  • Por correo electrónico a sellocomerciodeconfianza@camaracompostela.com, achegando o formulario de solicitude que pode descargarse a continuación. 
  • Mediante a plataforma de xestión de eTrámites. 
  • O comercio deberá cumprimentar a solicitude e achegar a documentación solicitada, que inclúe unha declaración responsable na que, entre outras cuestións, comprométese á elaboración dun Protocolo e Guía de Boas Prácticas. 

DURACIÓN 

Un ano desde a data de expedición 

PREZO 

  • Emisión Selo Comercio de Confianza: 50€*/establecemento/local
  • Identificador establecemento/local: 7€* cada un (a cantidade de identificadores requiridos indicaraos a empresa na solicitude do Selo).

*A estes prezos aplicaráselle o IVE correspondente (21%)   

 

  • Formulario de solicitude (ver)
  • Modelo de declaración responsable (ver)
  • Manual de Empresa (ver)
  • Reglamento de Uso do Selo (ver)
  • Enlace á guía e presentación no portal de comercio (ver)
  • Enlace guía boas prácticas (ver)
  • Enlace á presentación na web do ministerio (ver)

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña