A CÁMARA DE COMERCIO SEGUE COA CAMPAÑA DO SELO "COMERCIO DE CONFIANZA"

17/07/2020

Reactivar a actividade comercial é esencial para iniciar a recuperación da economía tras o parón imposto pola loita contra a pandemia do COVID-19 e para iso é imprescindible que os clientes confíen en que os establecementos ofrezan un entorno seguro. Por iso a Cámara de Comercio de Santiago segue coa iniciativa do selo “Comercio de Confianza”, que acredita que os establecementos comerciais cumpren os protocolos sanitarios e de seguridade establecidos no Protocolo  e Guía de Buenas Prácticas de la Secretaría de Estado de Comercio. 

Coa campaña “Comercio de Confianza” ademais búscase reactivar o consumo no comercio, resaltando cualidades como a cercanía, a confianza e a calidade, e as medidas sanitarias adoptadas polo comercio para favorecer unha compra segura. 

No caso dos establecementos comerciais de Santiago, a Cámara conta coa colaboración do Concello de Santiago quen  facilitou que 200 establecementos comerciais da cidade poidan acceder ao selo "Comercio de confianza", impulsado pola Cámara de Comercio de España e a Secretaría de Estado de Comercio, sufragando os gastos para os comercios. 

Centro Comercial As Cancelas e Carrefour Santiago  

As Cancelas é o primeiro centro comercial de España que o recibe, para o seu xerente, Javier Casado, “estas medidas son proba do compromiso de todos por ofrecer aos nosos clientes espazos seguros nos que realizar as súas compras”. Aspectos como a xestión de riscos e da saúde no traballo, a protección no relativo a control de aforo, distancias mínimas de seguridade, fluxos de persoas e uso de material de protección individual, así como as boas prácticas de limpeza hixiene e a señalética de seguridade recordatoria, entre as que se inclúen o uso de xel hidroalcohólico e a permanente limpeza e desinfección de todas as súa sinstalacións, resultaron claves para obter este certificado que garante a seguridade de traballadores, operadores e clientes. 

Por outra banda. para Carrefour Santiago e para o seu director, Tomás CORONA “os clientes, tras esta pandemia, aprenderon a valorar especialmente a seguridade e a hixiene que lles ofrecemos e por ese motivo centrámonos agora en recibilos en espazos de compra seguros. O selo da cámara de comercio no noso centro frente ao Covid, recoñece a efectividade das nosas medidas de seguridade e hixiene. Queremos clientes seguros nas súas compras con nos e este selo é unha proba real”. 

Outros establecementos comerciais 

Belén Portela de JUAN Portela SEIJO, "Queremos expresar o noso agradecemento pola colaboración da Camara de Comercio de Santiago de Compostela e do Pazo de Raxoi por otorgarnos este selo de confianza. Estamos convencidos que xuntos podemos. Grazas pola confianza depositada no noso traballo". 

Cristina Gerpe “na  Tienda de María, xa temos o selo da Camara de Comercio de Santiago de Compostela que nos acredita como Comercio de Confianza, porque a nosa prioridade é que as nosas clientas síntanse seguras”. 

Dolores Sánchez González, Farmacia Rosalía de Castro 115, manifestou o seu agradecemento á Camara de Comercio de Santiago de Compostela e ao Pazo de Raxoi pola súa implicación na prevención da Saúde.e, aplaudiu á iniciativa do Selo “ Comercio de Confianza “ a Saúde a a hixiene nos establecementos da nosa cidade. 

Luis Sánchez de Joyería Gerardo, "agradecemos á Camara de Comercio de Santiago de Compostela e ao Pazo de Raxoi a avaliación e o selo comercio de confianza. Por parte de Joyería Gerardo, poñeremos en marcha todas cantas premisas sexan necesarias para garantir a seguridade dos nosos clientes". 

Fran Martínez, xerente Espagat,  agradece á Camara de Comercio como canal de difusión de empresa comprometida coa seguridade dos seus clientes ante o risco do Covid-19”. 

Vanesa Alvite, xerente  JOYERÍA JOSÉ ANTONIO agradece á Camara de Comercio de Santiago de Compostela e ao Pazo de Raxoi "apoiar iniciativas como esta que garanten á clientela poder mercar en establecementos seguros, grazas a este distintivo que desde hoxe loce no noso establecemento". 

Fernando Pablos, administrador  de Micromedia recoñece que o seu establecemento mantén, revisa e reforza en todo momento o seu compromiso coa seguridade do seu persoal e dos seus clientes, actualizando os seus protocolos de boas prácticas de acordo aos cambios das circunstancias en cada momento. 

Como podes solicitar o selo “Comercio Confianza”? 

Cunha sinxela e rápida tramitación telemática para aportar a documentación requerida e unha declaración responsable de ter elaborado o correspondente Protocolo de actuación en materia de seguridade e hixiene, o comercio obterá un distintivo que acreditará ante os clientes que o establecemento cumpre as normas para proporcionar unha experiencia de compra segura. 

A Cámara de Comercio de Santiago poderá levar a cabo verificacións aleatorias tras a emisión do certificado para comprobar o cumplimento do Protocolo presentado pola empresa, que deberá actualizarse en función de novidades que poidan introducirse no Protocolo y Guía de Buenas Prácticas de la Secretaría de Estado de Comercio. 

Toda a información pódese descargar na web da Cámara  no seguinte enlace https://www.camaracompostela.com/gl/noticia/5011/comercios-adheridos-/

 

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña