O director do IGAPE e o director de Xes Galicia visitan a Cámara de Comercio de Santiago e o seu Viveiro

15/11/2020

O vicepresidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, José Carballo, mantivo un encontro institucional co director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, que ademais visitou as instalacións do viveiro de empresas de Costa Vella, acompañado do director de Xes Galicia, Rubén Aguión. Ademais estiveron acompañados pola secretaria xeral, Rosa Mary Cardeso e, o responsable de internacionalización, Fernando Pérez-Soba. 

A reunión tiña como obxectivo que os responsables de Igape e Xes Galicia coñeceran de primeira mán as actividades que está a realizar a Cámara en eidos como a innovación, a internacionalización (eido no que xa colaboran actívamente a través do programa FOEXGA), dixitalización e emprendemento, entre outros. Sinalar que o Viveiro foi declarado por Funcas como o mellor viveiro de Galicia neste ano e o mellor de España na área de incubación avanzada. 

O vicepresidente da Cámara, José Carballo, ofreceu ao Igape á entidade cameral para todo ámbito de colaboración público-privada que puidera apoiar ás empresas da demarcación nestes momentos tan difíciles, poñendo  o exemplo do FOEXGA como un modelo a repetir en outros campos de actividade.

Quedou patetente nesta xuntanza que en todas as institucións de apoio á empresa son conscientes de que hai que aproveitar ao máximo as líñas de axuda de fondos europeos para loitar contra os danos económicos derivados da pandemia  e que para iso todos os organismos funcionen dun xeito coordinado, áxil e colaborativo.   

 

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña