Cámara de A Coruña, Cámara de Santiago e Banco Santander amplían unha semana o plazo de inscrición para o Premio Pyme do Ano 2021

10/05/2021

O prazo de inscrición ao Premio Peme do Ano 2021 ampliouse, de forma excepcional, ata as 0:00 horas do sábado 22 de maio. As empresas teñen unha semana máis para inscribirse ou completar as súas candidaturas a este premio, convocado por Cámara de Comercio da Coruña, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e o Banco Santander, convocan, en colaboración coa Cámara de España e o diario La Voz de Galicia co obxectivo de recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián

O premio convócase en todas as provincias españolas coa participación de 47 Cámaras de Comercio territoriais, a cifra máis alta na historia destes premios, 13 Direccións Territoriais de Banco Santander e a colaboración das principais cabeceiras de prensa local.

En cada provincia elixirase á Peme do Ano e o xurado poderá conceder, ademais, catro accésits nas categorías de Internacionalización, Innovación e Dixitalización, Formación e Emprego, e Empresa Responsable.

Despois da inclusión da Mención Especial Loita contra o COVID-19 na edición do ano pasado, nesta ocasión inclúese unha Mención Especial Reinvención COVID. Trátase de premiar as iniciativas que desenvolveron as pequenas e medianas empresas españolas para adaptarse á situación de pandemia provocada polo coronavirus: novas liñas de negocio, novas canles de venda, diversificación de actividades da compañía, implantación do teletraballo ou cales queira outras.

A empresa gañadora en cada provincia concorrerá ao Premio Nacional Peme do Ano 2021, que se fallará no primeiro trimestre de 2022. Así mesmo, as empresas gañadoras dos diferentes accésits e a Mención Especial concorrerán ao Premio Nacional nas súas respectivas categorías.

Poden concorrer ao Premio Peme do Ano todas as pequenas e medianas empresas de menos de 250 empregados e cunha facturación inferior aos 50 millóns de euros ao peche do exercicio 2020. As empresas deberán presentar as súas candidaturas nas provincias onde teñan domiciliada a súa sede social.

Como participar

As empresas interesadas deberán encher o formulario de inscrición que atoparán nas páxinas web da Cámara de Comercio da Coruña e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, onde tamén poden consultar as bases do concurso.

O xurado valorará nas súas deliberacións méritos como a creación de emprego, con especial atención ao emprego indefinido e as accións de formación para os empregados, a internacionalización da empresa, as iniciativas de dixitalización e innovación, así como os proxectos socialmente responsables e, con carácter especial este ano, as xa mencionadas iniciativas para adaptarse á situación provocada pola pandemia de COVID-19.

Máis de 3.900 pemes participantes

O Premio Peme do Ano consolídase con esta quinta edición como os galardóns de referencia para as pequenas e medianas empresas españolas. A súa Maxestade o Rey entregou aos gañadores os Premios Nacionais 2020. O Premio nacional Peme do Ano 2020 recaeu na alacantina FacePhi. O Accésit Nacional de Internacionalización foi a Fonyou Telecom, de Madrid. A barcelonesa Wallbox Chargers recibiu o Accésit Nacional de Innovación e Dixitalización. O de Empresa Responsable outorgouse a Enxeñería Proxectos & Consulting Lanza. Por último, a Mención Especial á Mellor Iniciativa na Loita contra o COVID correspondeu a Gas N2 itrogen. Desde a constitución deste Premio, no ano 2017, máis de 3.900 empresas concorreron ao mesmo nas diferentes categorías.

BASES (preme)

FORMULARIO INSCRICIÓN (preme)

 

 

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña