Sabadell Gallego facilita o acceso ás novas tecnoloxías das empresas vinculadas á Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

02/06/2021

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela asinou un convenio con Sabadell Gallego polo que pon ao dispor dos membros da Cámara produtos e servizos bancarios co obxectivo de facilitar ás empresas e comercios o acceso ás novas tecnoloxías e a dar soporte a accións como o desenvolvemento sostible, a responsabilidade social da empresa, enerxía, emprendemento e networking. Ademais do financiamento do circulante en calquera das súas modalidades, así como o financiamento a medio-longo prazo de novos investimentos en activos fixos mediante préstamos e leasing.

O acordo foi asinado hoxe mércores entre Jorge Lorenzo, vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Pablo Junceda, director xeral de Sabadell Gallego. Sabadell Gallego poñerá ao dispor dos membros da Cámara liñas de financiamento subvencionado que saian ao mercado así como unha ampla gama de produtos e servizos financeiros en condicións preferentes; o programa BStartup para dar apoio aos emprendedores que inician o seu proxecto; información e asesoramento aos membros da Cámara sobre Proxectos Next Generation, en concreto sobre o fondo reestruturación europea que ten como obxectivo impulsar plans de recuperación, transformación e reformas sobre a base dunha sociedade verde, dixital e inclusiva.

Jorge Lorenzo, vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, trasladoulle a Pablo Junceda á implicación de todas as empresas que conforman o Comité Executivo e o Pleno da entidade cameral.

Pablo Junceda, gran coñecedor do mundo cameral, recoñeceu o bo facer das Cámaras de Comercio no eido empresarial, ademais de facer fincapé na súa participación e a do Banco noutros Plenos e outros Comités doutras Cámaras de Comercio.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña