O Foro Cívico ten por obxecto calquera asunto de carácter socio económico que afecte á cidade, e faise eco dos problemas, das necesidades e obxectivos da mesma, poñemos no noso foco, a nosa capacidade de altofalan
Nesta liña de traballo o Foro Cívicoreuniuse para debatir e afondar no Ano Santo Xacobeo e o Camiño de Santiagoe ve preciso reivindicar e facer fincapé en varios aspectos do Ano Santo, do Camiño, do Turismo e do Real Padroado:
• Ano Santo Compostelán é un evento da Cidade de Santiago. É así que ten que ser a propia cidade a que lidere e promóvao en colaboración coas restantes Administracións, Institucións e solicitando a colaboración doutras entidades públicas e privadas. É preciso coñecer a programación e planificación do Ano Santo 2022 e que a organización dos sucesivos Anos Santos conten coa debida anticipación, participación de todos os sectores implicados e adecuada difusión.
• En relación, o Camiño de Santiago, como Primeiro Itinerario Cultural Europeo, debe ser obxecto de promoción e desenvolvemento con campañas estables que se centren especialmente nos seus aspectos culturais e históricos tratando así de evitar a súa masificación e salvagardando o seu carácter esencial, deixando á marxe campañas de publicitación que veñan desvirtuar o sentido da súa utilización así como o destino final nacidade de Santiago de Compostela.
• O turismo de Santiago non debe converterse exclusivamente nun turismo de excursión e peregrinación como eixo fundamental do seu desenvolvemento, a través da creación dunha oferta turística de baixo nivel, escasa creación de valor e cun alto impacto negativo sobre o centro histórico, declarado Patrimonio da Humanidade.
• Por último e en relación a reunión do Real Padroado da Cidade de Santiagoo pasado 25 de Xullo, o Foro Civico valora positivamente a reunión do Padroado da cidade de Santiago, despois de 18 anos sen facelo, e a consolidación do Consorcio de Santiago como órgano de cooperaciónentre as distintas AdministraciónsPúblicas para os próximos anos na perspectiva do 2.032.
O Foro Cívico iniciará, a partir do próximo mes de setembro, unha rolda de contactos cos distintos representantes municipais en dito Organismo, para analizar e avaliar a programación estratéxica definida ea súa implementación.