Programa Erasmus para Emprendedores

20/10/2021

Onte finalizou a 27 edición do encontro da rede de responsables nos puntos locais nacionais do Programa Erasmus para Emprendedores que se organizou desde Bruxelas e que se seguiu de en liña por máis de 150 participantes de 38 países, sendo a terceira edición da mesma que se realiza a distancia, esperando que poida ser a última e volver ao modo presencial para a edición de marzo.

Durante o acto de clausura tivo lugar a entrega de premios, nesta, o proxecto SEEK PLUS que lidera a Cámara de Santiago obtivo o premio a "mellor vídeo de presentación" dos consorcios cun vídeo elaborado polo departamento de proxectos europeos que tiña o obxectivo de dar a coñecer os socios que participan no mesmo e que debía destacar por ser creativo e ocorrente á vez.

Por terceiro ano consecutivo a Cámara é anunciada como o primeiro intermediario europeo en número de intercambios, cun total de 51 relacións desde febreiro de 2020 ata o de agora, o que ten moito mérito tendo en conta que a pandemia comezou en marzo de 2020 en España. Tamén  lideramos o consorcio que vai de primeiro en relacións, cun total de 158 intercambios no mesmo período; e, segundo en rexistros en toda Europa.

Por último destacar o papel dos nosos emprendedores e os seus intercambios, xa que tres das sete relacións finalistas no premio de "Erasmus Emprendedor do ano" tiveron como destino ou orixe Galicia. Valorouse o esforzo do arquitecto británico Alex de Carie quen tivo a súa estancia no estudo de arquitectura coruñés flu- or e quen puxo en valor a madeira galega coa colaboración de Finsa, quen obtivo un premio no Festival de Londres de Arquitectura; a desarrolladora web búlgara Petya Petkova estivo no coworking de Lugo colaborando con Jairo Varela, CEO de APS. E, Patricia López, deseñadora gráfica, estivo en Grecia colaborando con Evelynne Bakinta, socia fundadora dunha empresa de márketing, comunicación e promoción de eventos.
  

Video (preme)

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña