Novas medidas de prevención

31/12/2021

Boletín coas novas medidas de prevención recollidas na ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se modifican a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19, a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalería segura e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno.

As modificacións máis importantes teñen que ver co uso da máscara e co sector da hostalería e restauración. e do lecer nocturno.

Respecto do LECER NOCTURNO, limítase en exterior o número de persoas por mesa ou agrupación de mesas de 15 a 10 e o horario máximo de peche tanto no nivel C1 como C2 será ás 03.00 horas.

Como novidade regúlase tamén o peche optativo dos establecementos de lecer nocturno e a prohibición de realización de festas e eventos.

En relación á hostalería limítase en exterior o número de persoas por mesa ou agrupación de mesas de 15 a 10, prohíbese o consumo en barra e limítanse os horarios tanto no nivel 1 C como 2 C.

O HORARIO LÍMITE DE PECHE AO PÚBLICO SERÁ ÁS 00.00 HORAS, EXCEPTO A NOITE DO VENRES AO SÁBADO E DO SÁBADO AO DOMINGO, QUE SERÁ ÁS 1.00 HORAS.


O DÍA 1 DE XANEIRO DE 2022 NON SE PODERÁN PRESTAR SERVIZOS A CLIENTES ENTRE AS 1.00 E AS 09.00 HORAS.

 

MEDIDAS DE PREVENCIÓN (preme)

PLAN HOSTALARIA SEGURA (preme)

PROTOCOLO OCIO NOCTURNO (preme)

 

 

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña