Premio Peme do Ano 2022

24/05/2022

Un total de 1.766 empresas optan ao Premio Peme do Ano 2022, o galardón de referencia do mundo empresarial en España, que convocan anualmente Banco Santander e a Cámara de Comercio de España, e ten como obxectivo poñer en valor o traballo das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego.

O Premio Peme recoñece aspectos esenciais da contribución á sociedade e a economía das pemes, que conforman o 99,8% do tecido empresarial de España: creación de emprego, con especial atención ao emprego indefinido; impulso do talento a través da formación; a actividade internacional, fixándose na evolución das exportacións e a apertura a novos mercados; as iniciativas de innovación e dixitalización e os proxectos socialmente responsables.

A Coruña recibiu unha trintena de solicitudes na presente edición dos Premios que serán estudiadas no mes de xullo polo xurado e que decidirán o Premio Provincial A Coruña Peme do Ano, Accésit de Internacionalización, Accésit de Formación e Emprego, Accésit de Innovación e Dixitalización e Accésit de Empresa Sostible.

O Premio Peme do Ano é unha distinción que se convoca en 50 provincias e a cidade autónoma de Ceuta e conta coa participación de 50 Cámaras de Comercio territoriais, 13 Direccións Territoriais do Banco Santander e as principais cabeceiras da prensa española.

Os gañadores provinciais concorrerán ao Premio Nacional Peme do Ano 2022, que se fallará no primeiro trimestre do próximo ano. Tamén optarán ao Premio Nacional, nas súas respectivas categorías e os gañadores dos catro accésits.

7.440 pemes participantes desde a creación do Premio

Como recoñecemento xa consolidado, na anterior edición do Premio Peme do Ano, inscribíronse un total de 1.770 empresas das 50 provincias e a Ciudad Autónoma de Ceuta, e contouse coa participación de 50 Cámaras de Comercio territoriais.

A súa Maxestade o Rey entregou o Premio Nacional Peme do Ano 2021 á empresa Seabery Augmented Technology, de Huelva, dedicada ao desenvolvemento de tecnoloxías educativas baseadas en simulación con realidade aumentada e virtual. Tamén se entregaron os accésits nacionais: de Internacionalización, a Yurrita e Hijos de Gipuzkoa; Innovación e Dixitalización, a Pigchamp Prol Europa de Segovia; Formación e Emprego, a Kimitec de Almería; e Empresa Responsable, a Teiga TMI, da Coruña. O Instituto de Medicina Xenómica S.L de Valencia obtivo a Mención Especial “ Reinvención COVID”, que recoñece a resiliencia das empresas #ante a pandemia.

Desde 2017, ano do seu lanzamento, xa son 7.436 pemes as que participaron neste certame.

 

 

 

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña