Oficina Acelera Pyme

07/06/2022

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela en colaboración coa Cámara de Comercio de España e RED.ES puxeron en marcha a Oficina AceleraPyme. Un servizo gratuíto no que as pemes, emprendedores e autónomos poden acudir para:

• Asesorarse e resolver dúbidas sobre dixitalización

• Informarse sobre subvencións e axudas dispoñibles

• Coñecer información actualizada sobre tecnoloxía existente neste momento

O obxectivo é axudar ás pemes e autónomos a ser máis competitivos mediante o uso das tecnoloxías da información e a comunicación.

 

Web Oficina Acelera Pyme

 

Este programa, enmárcase no P.O. Plurirregional de España: “mellorar o uso e calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso ás mesmas” e está financido nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder e nun 20% pola entidade pública empresarial RED.ES

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña