Premio Pyme do Ano 2022

30/06/2022

A empresa Gabadi dedicada ao sector naval ha recibido hoxe o Premio Peme do Ano 2022 da Coruña un galardón que conceden o Banco Santander e as Cámaras de Comercio de Santiago de Compostela e da Coruña, en colaboración coa Cámara de España e o diario La Voz de Galicia.

O CEO da Empresa Gabadi, Antonio José Llago Hermida, foi o encargado de recoller o premio, nun acto que se celebrou na sede da Cámara de Comercio de Santiago e que contou coa presenza do vicepresidente da entidade cameral santiaguesa, José Carballo García, e o director xeral da Cámara de Comercio da Coruña, Manuel Galdo Pérez ademais do alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o director xeral de Comercio, Manuel Heredia Pérez; a directora territorial do Banco Santander en Galicia, Rocío Pazos Toba e; o director da Voz de Galicia, Xosé Luís Vilela Conde.

Gabadi é unha empresa do sector naval, que se esforza diariamente para proporcionar aos seus clientes produtos e servizos de calidade, respectando ao máximo o medio ambiente, mediante a implementación dos sistemas máis sostible. Comprometidos con garantir a oportunidade de crecer profesionalmente aos seus traballadores, mediante a mellor das súas competencias. O seu principal obxectivo ocupar unha posición de liderado dentro do seu sector, mediante a excelencia profesional, a diferenciación, que obteñen grazas á súa aposta por proxectos de I+D+i, e a súa crecente presenza internacional.

O xurado, composto pola secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Rosa Mary Cardeso; o representante da Delegación Territorial do Banco Santander, Luís Pernas; o representante do diario La Voz de Galicia, D. Ignacio Carballo; o representante da Cámara da Coruña, Carlos Fernández; o deputado provincial, José Ramón Rioboo e; polo representante da Cámara de España, Julián López-Areas, valorou especialmente de Gabbadi a súa achega á creación de emprego, ás accións de formación, internacionalización, innovación e dixitalización, así como a inclusión de proxectos sostibles como parte da estratexia da empresa en 2021, como méritos para alzarse con este premio.

Ademais, concedéronse catro accésits nas categorías de Internacionalización; Innovación e Dixitalización; Formación e Emprego; e Empresa Sostible.

O Accésit de Internacionalización, outorgouse á Empresa INELTRON, especializada na prestación integral de servizos de enxeñería, montaxe, posta en marcha e mantemento de sistemas eléctricos, de instrumentación e control en plantas industriais.

O Accésit de Innovación e Dixitalización, recaeu en Empresa BIONIX, simplifica o traballo dos profesionais da cadea de subministración de todo o mundo optimizando a loxística de entrada e saída, as vendas en liña, a xestión de inventario unificado e rendemento dos provedores.

O Accésit á Formación e o Emprego concedeuse a Empresa DIMALNOX, empresa moderna e innovadora, especializada na carpintería metálica, cunha gran capacidade de fabricación, que garante aos seus clientes subministracións de forma estable, satisfacendo en todo momento calquera demanda coa maior puntualidade nas entregas, achegando o saber facer e a calidade dos seus produtos.

E, por último, o Accésit de Empresa Sostible da Coruña foi para ACCTIA AMBIENTAL, deseña e xestiona solucións integrais que favorecen a sustentabilidade das industrias, a economía circular e a loita contra o cambio climático.

Pablo Viqueira, director xeral de INELTRON, recolleu o Accesit á Internacionalización e quixo recordar ao seu gran equipo de traballo, “los retos a los que nos enfrentamos son grandes, desde la difícil coyuntura sociopolítica y económica internacional, hasta la falta de personal productivo aquí en nuestro país, pero Galicia es tierra de trabajo y nosotros queremos lanzar un mensaje positivo y de esperanza. Ayer mismo iniciamos los trámites de apertura de una nueva filial en Reino Unido. Juntos hemos llegado hasta aquí, y en nombre de todos los que hacéis posible nuestro crecimiento internacional, recojo hoy este reconocimiento, no como director general de Ineltrón, si no como un miembro más de un excelente equipo profesional”.

Jacobo Penide, CEO de BIONIX, falou na sua intervención, de “la importancia fundamental de la innovación para el desarrollo y crecimiento de la compañía ante el reto de posicionarse como una empresa referente internacional de tecnología logística desde Galicia, y como la tecnología resultado de este esfuerzo innovador, sirve como herramienta clave para la digitalización y la transformación de los procesos logísticos de las empresas para hacerlas más eficientes, competitivas y sostenibles”.

Emilia Rodríguez recolleu o Accésit á Formación e o Emprego, en nome de DIMALNOX, recordou que aínda que durante a pandemia a plantilla viuse estabilizada “en el 2021 hemos aumentado la plantilla un 88% respecto al 2020 y un 60% respecto al 2019. Durante este año seguimos aumentando y estamos orgullosos y satisfechos de poder dar un trabajo a familias y crear bienestar y riqueza a nuestro entorno. Sin mano de obra no hay empresa, y cuanto más contentos, más productivos, y eso repercute a la empresa, por eso intentamos dar un bienestar, buenas condiciones y formación a nuestros trabajadores”.

Luis Pardo conselleiro delegado de ACCTIA, destacou “el compromiso de la compañía con la sostenibilidad, un compromiso ratificado con su adhesión al Pacto Mundial de las Naciones Unidas al que la empresa se sumó en 2021. Un ejercicio, en el que la pandemia, demostró que los ejes de la sostenibilidad deben pasar por la protección de las personas y el pensamiento en las generaciones futuras, cuyo bienestar dependerá del cuidado del planeta”.  

Por último, Antonio José Llago Hermida, CEO de GABADI, na súa intervención dixo que “el premio a la Pyme del Año en la Coruña, supone para nosotros un estímulo para seguir trabajando con la ilusión y con los deseos de superación que siempre han guiado nuestro proyecto”.

Antonio José Llago recordou os inicios da empresa e ata onde chegou, a día de hoxe, “Gabadi, nace de una crisis que ha sido la Reconversión Naval de los 80 y se ha desarrollado en las distintas crisis, en el año 2012 tras la crisis financiera sale al exterior y duplica sus ventas en solo 3 años, y pasa a ser lo que es hoy, una Pyme Multinacional, con Filiales en China, singapur, Australia, y Canadá, y ahora también en USA y en breve en otros lugares, que les haré participe en breve, y todo ello dirigido por un pequeño grupo de gente focalizada en A Coruña”.

Premio Nacional Peme do Ano 2022

A Empresa Gabadi concorrerá ao Premio Nacional Peme do Ano 2022, que se elixirá entre os gañadores de cada provincia. O nome coñecerase nos primeiros meses de 2023, nun gran acto que se celebrará en Madrid. Así mesmo, os gañadores dos Accésits concorrerán tamén á final nacional nas súas respectivas categorías, onde se elixirá ás empresas que destacaron polas súas accións de Internacionalización, as súas políticas de Formación e Emprego ou Innovación e Dixitalización e as que teñen implantadas máis medidas de Responsabilidade Social Corporativa.

Nesta nova edición, a sexta deste Premio, participaron máis de 1.766 empresas de todos os sectores produtivos.

Premio Peme do Ano

O Banco Santander e a Cámara de Comercio de España crearon o Premio Peme do Ano en 2017 para recoñecer o desempeño e o labor das pequenas e medianas empresas como creadoras de emprego e riqueza. Ademais, pretende dar visibilidade ao esforzo diario dos empresarios que contribúen co seu esforzo ao desenvolvemento económico do territorio. O premio está dirixido a pequenas e medianas empresas de menos de 250 empregados e cunha facturación inferior aos 50 millóns de euros.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña