ENQUISA PERSPECTIVAS EMPRESARIAIS

08/08/2022

A Cámara de Santiago colabora nunha enquisa europea cuxo obxectivo é o de solicitar a opinión das empresas con relación á marcha dos seus negocios no ano en curso e as súas expectativas para o ano próximo. Esta enquisa coordínaa anualmente a organización europea de Cámaras de Comercio, EUROCÁMARAS. Os resultados que se obteñen remítense á Comisión Europea coa intención de que a mesma teña en consideración as inquietudes e problemas aos que se enfrontan as empresas. Á súa vez, estes resultados difundiranse a nivel nacional con obxecto de que a opinión pública coñeza a situación que afrontan as empresas españolas.

Se queres participar nesta enquisa podes facelo, cumplimentando un breve cuestionario, de sinxelo enchemento, sobre unha serie de variables de interese para os seus negocios, no seguinte enlace.

A información que proporcione será estritamente confidencial e será utilizada unicamente para conseguir uns resultados agregados. A data límite para a cumplimentación do cuestionario é o 30 de setembro. 
 

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña