Durante o mes de outubro, un centenar de alumnos e alumnas participarán nestas xornadas de fomento do espírito emprendedor no eido educativo en Compostela organizadas pola Cámara e o Concello de Santiago.
Trátase dun programa de actividades consistente en visitas guiadas ao viveiro de empresas e a realización de xornadas divulgativas, especialmente dirixido aos centros de ensino secundario, bacharelato e ciclos formativos de Santiago, coa finalidade de:
- Promover o desenvolvemento das calidades persoais relacionadas co espírito emprendedor, tales como a creatividade, a iniciativa, a asunción de riscos e a responsabilidade.
- Achegar un coñecemento temperán do mundo empresarial e axudar a entender o papel do colectivo empresarial na comunidade.
- Fomentar as iniciativas emprendedoras desde o ámbito educativo.
- Fomentar os valores empresariais e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como unha alternativa digna e viable.
- Concienciar acerca do emprego por conta propia como posible opción profesional.
- Contribuír a unha percepción aberta da economía, nun contexto de apertura crecente nos mercados e de expansión tecnolóxica que impulsa esa apertura.
- Poñer en contacto a novos estudantes con emprendedores e/ou empresarios situados no Viveiro.