PRESENTACIÓN OFICIAL DO PROYECTO TOWAV Turismo en Bodegas e Viñedos

30/09/2022

O proxecto europeo TOWAV foi aprobado no marco da segunda convocatoria do Programa EU4BUSINESS: CONNECTING COMPANIES.
EU4Business: Connecting Companies é un proxecto xestionado por EUROCHAMBRES e financiado pola iniciativa EU4Business da Unión Europea. O proxecto está a desenvolverse no marco da Asociación Oriental co fin de profundar e fortalecer as relacións entre a Unión Europea (UE), os seus Estados membros e os seus seis veciños orientais (Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Xeorxia, Moldavia e Ucraína). O proxecto EU4Business ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento económico sostible e a creación de emprego nos países da Asociación Oriental axudando ás Pemes para crecer, especialmente promovendo un maior comercio, fomentando o investimento estranxeiro e fortalecendo os vínculos comerciais con empresas da UE. A este gran reto de Eurochambres uniuse a Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela participando na segunda convocatoria cun proxecto que recibiu a aprobación por parte de EUROCHAMBRES.


TOWAV é un proxecto que lideramos desde a Cámara e no que participa como socio a Asociación de Desenvolvemento de Amarvir en Armenia, sendo nosa tarefa principal no proxecto a de organizar unha “Visita de estudo” dunha delegación de Armenia do sector turístico que buscan aprender como se organiza en Galicia o enoturismo e as visitas a adegas e viñedos, ademais de como se compatibiliza con outras actividades de contido turístico para diversificar a oferta nas zonas rurais; ademais de organizar unha visita tamén á súa rexión, unha das máis importantes para o sector do viño e licores en Armenia e facer algunhas actividades de aprendizaxe e capitalización alí, coas súas empresas e autoridades interesadas en coñecer o traballo que se fai en Galicia.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña