ACTA DO XURADO DA XXIII EDICIÓN DOS PREMIOS MANUEL BEIRAS

26/12/2022

Despois de examinar as candidaturas formuladas e das deliberacións oportunas, o xurado resolve conceder o Premio Manuel Beiras 2022 ás empresas que se indican a seguir.
Na categoría de nova incorporación ao galego á empresa Abeluria Sociedade Cooperativa Galega, consultora que desde 2018 e situada no rural de Compostela fornece servizos ás entidades de economía social. Na misión contribuír ao fortalecemento do sector e das súas redes emprega coherentemente o galego como soporte de traballo e vehículo dos seus valores.
Na categoría de empresas cun uso continuado do galego, a Kómic Libraría, un establecemento especializado no corazón do Ensanche santiagués que leva 35 anos abrindo as súas portas e guiándonos polo mundo das historias ilustradas e procurando que cada día máis o galego sexa parte dese universo creativo e a escolla das persoas que o transitan.
Na categoría de empresa cunha comunicación innovadora, a Orixe, un restaurante e unha tenda de ultramarinos, dúas caras para un negocio que se reivindica picheleiro e aborda con sobranceira calidade unha estratexia comunicativa completa, presencial e virtual, na que a nosa lingua se presenta como parte esencial da marca.

Ver acta

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña