PROGRAMA DE MÁRKETING DIGITAL Y EMPRENDIMIENTO

26/01/2023

Esta semana deu comezo o Programa de Márketing Dixital e Emprendemento organizado pola Fundación Incyde, cofinanciado polo FSE, en colaboración co Concello de Santiago e coa Cámara de Comercio.

O obxectivo fundamental do programa é o de proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenrolar o Plan de Empresa/Plan de Mellora, sempre coa axuda das ferramentas de xestión para favorecer a súa posta en marcha.

O programa axudará aos participantes a definir a súa propia estratexia de comunicación nos novos medios sociais (redes sociais, blogs, buscadores, etc.), o plan de márketing dixital e a execución de accións para mellorar a reputación e o posicionamento dos seus productos/servizos na internet.

Na súa inauguración ademais do Director do programa Pablo Reneses, tamén estiveron José María Párraga, Subdirector Xeral da Fundación Incyde e a Secretaria Xeral da Cámara, Rosa Cardeso.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña