PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO XUVENIL

20/02/2023

No día de hoxe tivo lugar o acto de presentación do Programa de Emprendemento Xuvenil organizado pola Fundación Incyde, cofinanciado polo FSE, en colaboración co Concello de Santiago e coa Cámara de Comercio.

Este programa ten como obxectivo promover o espírito empresarial e a cultura emprendedora entre os mozos, apostando polo emprendemento e o autoemprego como dúas opcións de acceso ao mercado laboral.

Para crear unha empresa ou consolidar unha empresa precísanse, ademais de determinadas capacidades, moitas horas de traballo e formación no terreo empresarial. Todo iso ha de ir acompañado dunha forte motivación, que resulta vital para conseguir o obxectivo e que provén, na maioría dos casos, dunha actitude emprendedora e activa. 

No programa participan a moz@s menores de 30 anos, inscrit@s no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ben sexan emprendedores e/ou profesionais contan cunha idea de negocio e desexan realizar un proxecto viable de creación de empresa para a súa posterior posta en marcha. A duración desta actividade formativa será de seis semanas, do 20 de febreiro ao 31 de marzo de 2023.

Na súa inauguración ademais do Director de proxectos, Manuel Roque, tamén participaron José María Párraga, Subdirector Xeral da Fundación Incyde e a Secretaria Xeral da Cámara, Rosa Cardeso.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña