Esta semana iniciamos as sesións conxuntas en modalidade semipresencial do 𝗣𝗥𝗢𝗚𝗥𝗔𝗠𝗔 𝗗𝗘 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗡𝗗𝗘𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗘𝗡 𝗥𝗘𝗔𝗟𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘 𝗩𝗜𝗥𝗧𝗨𝗔𝗟 𝗘 𝗔𝗨𝗠𝗘𝗡𝗧𝗔𝗗𝗔, actividade formativa impartida en colaboración coa Fundación Incyde, o Concello de Santiago e coa Cámara de Comercio. Cofinanciado polo FSE.
O programa céntrase en dotar aos alumnos dos coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para poder integrar a tecnoloxía da realidade aumentada e estendida no seu ámbito de actividade.
Os alumnos aprenderán termos, modelos, boas prácticas en distintos sectores. Como o mundo virtual se implementa e axuda ao ser humano, desde unha aplicación de realidade aumentada para un bar, aplicacións na industria ou o seu uso para nenos en hospitais.
O programa formativo está conformado por sesións grupais, titorías individualizadas e formación en liña complementaria. Terá unha duración de 6 semanas na modalidade en liña e unha semana de traballo de campo, que se desenvolverá entre o 20 de marzo ata o 5 de maio de 2023.