A CÁMARA DE COMERCIO VIAXOU A NANTES PARA PARTICIPAR NA INTERNATIONAL CREATIVE JAM DA MAN DO PROXECTO AYCH

15/05/2023

O pasado 10, 11 e 12 de maio tivo lugar en Nantes a Internacional Creative Jam como parte do proxecto AYCH (Atlantic Youth Creative Hubs) financiado polos fondos europeos Interreg. O evento, que se realizou en L'école de Design Nantes Atlantique, reuniu a máis de 90 xóvenes de entre 16 e 30 anos procedentes de distintos países do arco atlántico, tales como Irlanda, Reino Unido, Francia, Portugal e España. Da man da Cámara de Comercio, entidade socia do proxecto, acudiron 7 xóvenes que foran previamente seleccionados por ser os gañadores da Local Creative Jam de abril celebrada en Santiago de Compostela.

Para poñer a proba a creatividade dos asistentes, a dinámica seguida foi a dunha Hackathon. Ao longo de tres intensos días, os participantes traballaron en equipo co obxectivo de crear e presentar os prototipos do seus proxectos enmarcados dentro das temáticas da igualdade social, a igualdade de xénero e a promoción dunha cidade saudable. Tamén se realizaron unha serie de workshops conducidas por expertos tanto en materia de tecnoloxía e intelixencia artificial como en outros ámbitos da interculturalidade nos proxectos ou do cambio climático.

A proposta gañadora presentou o seu prototipo como unha alternativa de aprendizaxe por inmersión. Caracterizábase pola creación dun xogo interactivo a través do uso de sistemas de realidade virtual no que o usuario é protagonista dun proceso de bullying ou acoso sexual, co obxectivo de concienciar á sociedade sobre estas problemáticas. Todas as propostas debían centrarse na creatividade e innovación como ferramentas para mellorar o benestar da nosa sociedade. Os tres equipos gañadores foron agasallados con distintos dispositivos electrónicos.  

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña