O FORO CÍVICO PROMOVE UNHA NOVA FOLLA DE RUTA PARA COMPOSTELA

24/05/2023

As intalacións da Cámara de Comercio de Santiago acolleu unha vez más ao Foro Cívico de Compostela, convertíndose nesta ocasión, no escenario da sinatura do acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais. Ademais dos representantes do Foro estiveron presente no acto de sinatura, o candidato socialista, Xosé Antonio Sánchez Bugallo; a candidata do Grupo Municipal Compostela Aberta, María Rozas Pérez; Borja Verea Fraiz, candidato do PP ao Concello de Santiago e a candidata do BNG, Goretti Sanmartín Rei.

O Foro Cívico de Compostela considera que, de cara ao novo mandato municipal ademais dos temas xa recollidos no documento asinado no 2019 que se atopan na actualidade, na súa maioría, en fase de execución e respecto dos cales seguirá a facerse seguimento-, existen outros asuntos de capital importancia para a cidade e que son esenciais no presente e o futuro desta, e que ademais deben quedar fóra da disputa partidaria, xa que transcenden a unha única lexislatura, ao consideralos estratéxicos para a cidade.

Por iso consideran que se precisa unha toma de posicionamento sobre eles, en especial das forzas políticas con representación municipal, e co apoio de todos os colectivos que constitúen o Foro Cívico de Compostela.

Os asuntos que as forzas políticas representadas, se comprometeron a apoiar co liderado do Alcalde ou Alcaldesa que resulte elexido/a nas próximas eleccións municipais da cidade, a fin de conseguir esa unidade de acción que se proclama e a defensa ante as administracións públicas competentes son:

  1. DIMENSIONAMIENTO E PLANIFICACIÓN DO ESPAZO DESTINADO AO HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO que no plan actual se revela insuficiente constituíndo non só un problema de futuro senón xa de presente, sendo as dispoñibilidades actuais claramente insuficientes para dar cabida ás necesidades da área sanitaria de Santiago e Barbanza, cunha poboación aproximada de 000 habitantes. Este problema, non só de aparcamento, verase seriamente agravado cando o proxecto de ampliación do CHUS sexa unha realidade en 2026. Por tanto, o Foro Cívico soliciou aos grupos municipais o sentar as bases para atopar unha posible solución ao caos circulatorio e de aparcamento do recinto hospitalario e ás necesidades de ampliación de futuro.
  2. ADOPCIÓN DAS MEDIDAS NECESARIAS PARA DAR SOLUCIÓN AO PROBLEMA DA FALTA DE VIVENDA, co obxectivo de evitar que se produza un incesante fluxo migratorio poboacional a outros municipios onde a vivenda é máis accesible, mediante o abaratamento do custo dos immobles postos á venda, a construcción de vivendas de protección oficial (VPO), o establecemento dunha oferta de alugueiro tradicional a prezos alcanzables e a rehabilitación e dinamización do parque de vivendas baleiras -especialmente no Centro histórico-.
  3. O SERVIZO DO CICLO INTEGRAL DA AUGA, de forma que as forzas políticas municipais cheguen a un consenso sobre as necesidades en materia de xestión e investimento neste servizo público, e, en consecuencia, do modelo máis eficiente para a xestión deste, de forma que queden garantidas a realización e financiamento dos investimentos necesarios para a renovación e mellora da infraestrutura da rede de saneamento e abastecemento - estendéndoa a zonas, principalmente do rural, onde aínda non existe- e a prestación óptima do servizo en termos de calidade e economía.
  4. A REALIZACIÓN DUN ESTUDO DE VIABILIDADE SOBRE A ESTACIÓN DE FERROCARRIL DE MERCADORÍAS. Entende o Foro Cívico que a súa localización no parque empresarial da Sionlla serviría para que a cidade mellore as súas infraestruturas de cara a conseguir unha mellor mobilidade das mercadorías (especialmente de graneis brutos e produtos forestais) o que constituirá un incentivo para consolidar a industria existente e atraer a instalación de novas
  5. INDUSTRIALIZACIÓN. SOLO INDUSTRIAL E CREACIÓN DUNHA OFICINA DE CAPTACIÓN DE A cidade carece de solo industrial, destinándose a maior parte do dispoñible nos polígonos industriais a actividades comerciais ou terciarias. Por iso o Foro Cívico considera que resulta fundamental o desenvolvemento de políticas activas que favorezan a seguridade xurídica, o abaratamento do custo do solo, a súa programación e planificación a medio e longo prazo, a flexibilización e axilización dos trámites burocráticos necesarios- con especial referencia ás licenzas urbanísticas- e a posta en marcha de incentivos e beneficios fiscais que favorezan a idea de Santiago como unha cidade “friendly” para a atracción de investimentos. Como punta de lanza de todas estas políticas públicas, resulta tamén fundamental a creación dunha oficina de captación de investimentos, de colaboración pública-privada, de acordo co modelo testado e liderado polas Cámaras de Comercio, co obxectivo de, entre outros, atraer, facilitar e acelerar o investimento nacional e estranxeiro a Santiago de Compostela, xerando así riqueza e emprego de calidade na cidade e contribuír ao desenvolvemento do seu tecido económico.
  6.  COMPROMISO CO DESEÑO DUNHA XESTIÓN E PROMOCIÓN TURÍSTICA SUSTENTABLE DE CARA OS PRÓXIMOS ANOS, con especial atención aos Anos Santos, que inclúa a propia visión, desde a entidade municipal, tanto da promoción e xestión, as necesidades e os esforzos para alcanzar os obxectivos, como a proposición e valoración que poida ter ou facer o resto de Administracións (Autonómica e Estatal), promovendo un permanente e estable intercambio interadministrativo de propostas que deba incluír unha análise estatística que valore a oportunidade e acerto das programacións e investimentos antecedentes.

 

 

 

 

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña