Dúas xornadas de traballo de catro horas cada unha (11 e 18 de maio) para tratar:
A idea
Análise de tendencias e detección de oportunidades en emprendemento (2 horas)
O modelo
Deseño de modelo de negocio inicial e aspectos clave na diferenciación (3 horas)
A diferenciación
O teu cliente obxectivo: deseño da mensaxe e os canais para chegar a el/ela (3 horas)
PROGRAMA (preme)
PONENTES:
Pablo López (Implicatum). Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais. Durante máis de 10 anos crea e xestiona un grupo de empresas de consultoría con máis de 90 persoas. É formador de habilidades directivas e intelixencia emocional.
Tania Aira (Implicatum). Licenciada en Administración de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. Destacando do seu desenvolvemento profesional e persoal dúas facetas: unha delas relacionada co ámbito do emprendemento e as startups, e outra faceta vinculada ao apoio a microempresas e emprendedores.