PUBLICIDADE EN REDES SOCIAIS E GOOGLE

PUBLICIDADE EN REDES SOCIAIS E GOOGLE
Data: Do 19/12/2022 ao 23/12/2022
Hora: 09:00 - 15:00

Data: Do luns, 19 de decembro ao venres, 23 de decembro de 2022 (30 h).


Hora: De 9.00 a 15.00 horas.


Modalidade en liña. Entregarase certificado acreditativo das competencias alcanzadas a tódolos participantes que asistan ao 80% da actividade formativa.


PROGRAMA:
O curso seguirá a seguinte estructura:
▪ Características diferenciadoras da publicidade online: segmentación, pagamento por resultado, información exacta do alcance, capacidade de modificación sobre a marcha.
▪ Tipos de publicidade online: anuncios de texto, imaxes, vídeo, publicacións promocionadas, anuncios de shopping…
▪ Tipos de campañas: Tráfico, branding, campañas de produtos específicos
▪ Canto costa a publicidade online?
▪ Cal é a inversión recomendable en publicidade online?
▪ Estratexia de marketing: Máis que publicidade
▪ Como crear unha estratexia de publicidade online dentro da nosa estratexia de marketing?
▪ A importancia dunha mensaxe diferenciadora, no texto e no visual
▪ O humor e o storytelling
▪ O vídeo reina na publicidade online
▪ Relación entre publicidade, a nosa web e as nosas redes sociais
▪ Para quen estamos a falar? Cal é o noso público obxectivo?
▪ É mellor a publicidade en Google ou nas redes sociais?
▪ En que redes sociais é máis interesante publicitarse?
▪ Antes de nada, Google Analytics
▪ Publicidade en Meta Business Suite (Facebook e Instagram)
o Características e funcionalidades da plataforma.
o Tipos de campañas
o Grupos de anuncios
o Como definir ben o público para chegar onde queremos
o Tipos de anuncios e ferramentas da plataforma
o Recomendacións e trucos útiles para a optimización das campañas e os anuncios
o Aprendendo a interpretar os datos e resultados das campañas en FB e Instagram


• Exemplos de éxito publicitario en redes sociais de grandes e pequenas empresas
• Publicidade en Google
o As distintas plataformas de Google: Buscador, YouTube, Shopping, My Business
o Publicidade xestionada por Google en outras webs e aplicacións (Display)
o Tipos de campañas e anuncios
o Segmentación nas campañas de Google
o Palabras clave: Estratexias e ferramentas para optimizar a nosa campaña
o Estatísticas e interpretación de resultados das campañas en Google
• Publicidade en outras redes sociais: LinkedIn, Twitter, TikTok, Spotify
• Exemplos de estratexias publicitarias exitosas
• Marketing de influencers. Cando e como é interesante contratar influencers. Como distinguir aos realmente eficaces
• Marketing de guerrilla e omnichannel: cando a publicidade offline revierte no online


PONENTE JAVIER ROCAMORA GARCÍA 


Formador con máis de 2.500 horas impartidas e consultor autónomo na área de estratexia empresarial e márketing en liña, xestión de redes sociais e comercio electrónico. Axente Digitalizador homologado por Red.es para as solucións do Kit Dixital. Consultor en márketing en liña e eCommerce. Forma parte do proxecto de coworking virtual www.as3enpunto.es. Desenvolveu proxectos en diversos sectores e posúe ademais unha dilatada traxectoria como relatora en mesas redondas, ciclos de conferencias, encontros e congresos sobre márketing, estratexia en liña e redes sociais, conta igualmente cunha ampla experiencia como formador en programas destinados a empresarias e/o directivas no ámbito da estratexia e o márketing.


Curso realizado en colaboración co Concello de Santiago


 


REALICE AQUÍ A SÚA INSCRICIÓN


Ver Programa Completo

Patrocinadores

Cámara de Comercio de Santiago
Concello de Santiago

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña