INTRODUCIÓN Á VISIÓN ARTIFICIAL E AS SÚAS POSIBLES APLICACIÓNS

INTRODUCIÓN Á VISIÓN ARTIFICIAL E AS SÚAS POSIBLES APLICACIÓNS
Data: 19/04/2023
Hora: 17:00 - 19:00
Enderezo: POL. COSTA VELLA R/ REPÚBLICA CHECA Nº 40, 15707 - SANTIAGO
Localidade: SANTIAGO

Aínda coa visión artificial sendo unha constante no noso día a día, existen moitas diferenzas se a aplicamos a un contorno industrial e moitas dúbidas se a queremos usar. Tamén son moitas as aplicacións potenciais en instalacións industriais ou en negocios de toda índole que se poden mellorar e modernizar usando esta tecnoloxía.


Nesta xornada falarase sobre que é realmente a visión artificial, os elementos que hai que ter en conta nun desenvolvemento, as opcións de programación ou posibles usos da intelixencia artificial aplicada á visión.


O obxectivo desta sesión é dar a coñecer as posibilidades que ofrece a visión artificial en distintos contextos empresariais e os elementos que hai que ter en conta para a súa aplicación de maneira exitosa. 


A QUEN VAI DIRIXIDA?


Persoas emprendedoras


Persoas autónomas


Pemes, Micropemes e Empresas do territorio


CONSULTAR PROGRAMA


REALIZAR INSCRICIÓN


Proxecto Coworking Dixital “Ccompostela” cofinanciado nun 80% por FEDER dentro do Programa Operativo Plurirregional 2014-2020 dentro do eixo 3: Mellorar a Competitividade das PEMES, Obxectivo Temático 3 Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros e nun 20% pola Excma. Deputación provincial da Coruña no marco do Plan de Emprego Local (PEL).Anualidade 2021.

CÁMARA COMERCIO SANTIAGO DE COMPOSTELA

POL. COSTA VELLA R/ REPÚBLICA CHECA Nº 40

15707

SANTIAGO

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña