Emprender require dun nivel de formación e coñecemento moi elevados. Por iso é recomendable, para todo perfil que aposte por esta aventura, ter en conta as principais áreas estratéxicas do negocio. Nestas sesións traballarase sobre a creación e validación de modelos de negocio, o proceso de emprendemento, o prototipado e as distintas ferramentas que aportan as metodoloxías Desing Thinking e Lean Startup.
O obxectivo do programa é traballar sobre as áreas estratéxicas dun proxecto de emprendemento para transformar ideas en modelos de negocio validados no mercado. As persoas participantes adquirirán coñecementos no deseño da idea, nas estratexias de produto baseadas na clientela obxetivo, na construcción de produtos áxiles para lanzar ao mercado e nas distintas fórmulas de financiamento para a súa StartUp.
DIRIXIDO A:
Proxecto Coworking Dixital “Ccompostela” cofinanciado nun 80% por FEDER dentro do Programa Operativo Plurirregional 2014-2020 dentro do eixo 3: Mellorar a Competitividade das PEMES, Obxectivo Temático 3 Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros e nun 20% pola Excma. Deputación provincial da Coruña no marco do Plan de Emprego Local (PEL).Anualidade 2021.
POL. COSTA VELLA R/ REPÚBLICA CHECA Nº 40
15707
SANTIAGO