Wapping é unha compañía tecnolóxica formada por un equipo de persoas apaixonadas pola innovación e expertos no retail. No ano 2019 crearon unha plataforma de intelixencia de cliente e servizos omnicanal que da resposta aos tres grandes retos aos que se enfronta o sector: coñecemento do cliente, fidelización e experiencia de compra personalizada. Grandes marcas como Gadis, Roberto Verino ou Prissa xa forman parte do seus clientes. Dende a súa experiencia, durante a xornada, explicará como o Big Data e Mobile Marketing axudan a mellorar a experiencia de compra e incrementan a fidelización.
Xornada dirixida a:
Persoas emprendedoras
Persoas autónomas e profesionais
Pemes, Micropemes e Empresas do territorio
A sesión será impartida por José Manuel Maseda, persoa con ampla experiencia no sector tecnolóxico e cofundador da empresa Wapping.
Proxecto Coworking Dixital “Ccompostela” cofinanciado nun 80% por FEDER que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirregional 2014-2020 dentro do eixo 3: Mellorar a Competitividade das PEMES, Obxectivo Temático 3 Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros. A Deputación Provincial de Acoruña aporta o 20% restante, no marco do Plan de Emprego Local (PEL).Anualidade 2021.