Durante esta xornada, exploraranse os conceptos clave da Customer Relationship Management (CRM) e como implementalo con éxito en calquera organización. Trataranse temas como os beneficios e vantaxes do uso dun sistema CRM, a selección da plataforma adecuada, as mellores prácticas de implantación e a optimización continua do CRM.
Ao longo do evento, os asistentes aprenderán os fundamentos do CRM, seleccionarán a plataforma correcta, dominarán as mellores prácticas de implementación e optimizarán o sistema para obter resultados empresariais tanxibles. O obxectivo final é formar aos participantes para maximizar o potencial do CRM e obter vantaxes competitivas nas súas respectivas organizacións.
A QUEN VAI DIRIXIDA?
• Persoas emprendedoras e StartUps
• Persoas autónomas e profesionais
• Pemes, Micropemes e Empresas do territorio
A xornada será impartida por Estela Lareo Fernández, profesional dedicada ao campo de CRM e vendas. Fundadora, CEO e "game changer" de Ideas Positivas Group, unha consultora tecnolóxica especializada en transformación empresarial.
Proxecto Coworking Dixital “Ccompostela” cofinanciado nun 80% por FEDER que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirregional 2014-2020 dentro do eixo 3: Mellorar a Competitividade das PEMES, Obxectivo Temático 3 Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros. A Deputación Provincial de Acoruña aporta o 20% restante, no marco do Plan de Emprego Local (PEL).Anualidade 2021.