CONCEPTOS BÁSICOS DE CIBERSEGURIDADE PARA EMPRESAS

CONCEPTOS BÁSICOS DE CIBERSEGURIDADE PARA EMPRESAS
Data: 19/09/2023
Hora: 16:00 - 18:00

Ó longo desta sesión os asistentes aprenderán cales son os aspectos clave nos que  débese cimentar a ciberseguridade da súa empresa ou proxecto. Dende a normativa legal que debe implementar a xestión e protección da información de usuarios e clientes, como o uso de aplicacións que protexan o correo electrónico, uso de redes, contrasinais, copias de seguridade... e sobre todo, a saber detectar onde poden estar as ameazas na rede.
Ao final da xornada, o ponente responderá ás dúbidas e consultas específicas que  poidan darse en cada caso concreto por parte dos asistentes. 


Dirixido a:



  • Personas emprendedoras e StartUps

  • Persoas autónomas e profesionais

  • Pemes, Micropemes e Empresas do territorio


A sesión será impartida por Óscar Vidal, docente de Informática, con máis de seis anos de experiencia no ámbito, e máis concretamente en Ciberseguridade. Coordinador do curso IFCT0109-Nivel 3 de Seguridade Informática, docente do CFGM Sistemas Microinformáticos e Redes e administrador de Sistemas informáticos en Rede.


PROGRAMA


INSCRICIÓN


 


Proxecto Coworking Dixital “Ccompostela” cofinanciado nun 80% por FEDER que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirregional 2014-2020 dentro do eixo 3: Mellorar a Competitividade das PEMES, Obxectivo Temático 3 Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros. A Deputación Provincial de Acoruña aporta o 20% restante, no marco do Plan de Emprego Local (PEL).Anualidade 2021.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña