O PLAN DE EMPRESA NA STARTUP

O PLAN DE EMPRESA NA STARTUP
Data: 21/09/2023
Hora: 12:00 - 14:00

Nesta sesión marcarase a diferenza entre un modelo de negocio e un plan de empresa, avanzando na liña cara a construcción da estratexia dun proxecto, plasmándoa nun documento escrito, o plan de negocio, facilitando así o camiño a seguir. 
Os asistentes coñecerán as utilidades e as partes que debe conter un plan de empresa, exemplos de plans de negocio, consellos de como redactar un bo plan para que sexa claro, completo pero conciso e convincente. En definitiva, como construir un documento operativo e útil que permitanos identificar, describir e concretar o proxecto de negocio, examinala súa viabilidade técnica, comercial e financeira e planificalas estratexias a seguir.



 A QUEN VAI DIRIXIDA?



  • Persoas emprendedoras

  • Persoas autónomas e profesionais  

  • Pemes, Micropemes e Empresas do territorio


A sesión será impartida por Tania Aira, especializada en deseño de proxectos e produtos turísticos, plans estratéxicos e de negocio, plans internacionais e desenvolvemento de modelos de negocio en diferentes sectores con metodoloxías Agile, Design Thinking e Lean Startup.


PROGRAMA


INSCRICIÓN


 


Proxecto Coworking Dixital “Ccompostela” cofinanciado nun 80% por FEDER que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirregional 2014-2020 dentro do eixo 3: Mellorar a Competitividade das PEMES, Obxectivo Temático 3 Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros. A Deputación Provincial de Acoruña aporta o 20% restante, no marco do Plan de Emprego Local (PEL).Anualidade 2021.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña