Durante esta xornada formativa analizaranse as fontes de financiamento máis relevantes e estratéxicas para cada unha das etapas de desenvolvemento dun proxecto emprendedor ou empresa. A través de presentacións interactivas, estudos de casos e discusións en grupo, aprenderase como aproveitar o máximo as opcións financeiras en cada etapa e tomar decisións informadas sobre cómo financiar adecuadamente o crecemento da startup.
Partirá dunha explicación clara do que son os estados financeiros dunha empresa e a súa correcta interpretación para que a continuación póidase entender as distintas necesidades do proxecto.
A quen vai dirixida:
• Persoas emprendedoras e StartUps
• Persoas autónomas e profesionais que queiran lanzar con éxito novas propostas ao mercado
• Pemes, Micropemes e Empresas do territorio que queiran deseñar novos modelos ou liñas de negocio.
A sesión será impartida por Ángeles Gestal, con máis de 20 años de experiencia no campo da Dirección Financeira e con formación especializada en Business Process Management and IT, Dirección e Xestión de Proxectos con Agile e Metodoloxía PMI.
Proxecto Coworking Dixital “Ccompostela” cofinanciado nun 80% por FEDER que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirregional 2014-2020 dentro do eixo 3: Mellorar a Competitividade das PEMES, Obxectivo Temático 3 Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros. A Deputación Provincial de Acoruña aporta o 20% restante, no marco do Plan de Emprego Local (PEL).Anualidade 2021.