TES UNHA PEQUENA EMPRESA? APRENDE A CREAR AS TÚAS CAMPAÑAS EN GOOGLE ADS

TES UNHA PEQUENA EMPRESA? APRENDE A CREAR AS TÚAS CAMPAÑAS EN GOOGLE ADS
Data: 28/09/2023
Hora: 16:00 - 18:00

Nesta sesión detallaranse os pasos necesarios para a creación de campañas de publicidade, empezando pola elección do obxectivo das mesmas, buscando as máis adecuadas a cada negocio (Busca, Display, Máximo Rendemento, etc...), e definindo os obxectivos de conversión (a importancia de medir). 
Verase todo iso nun exemplo práctico de creación dunha campaña de busca.


Dirixido a:



  • Personas emprendedoras e StartUps

  • Persoas autónomas e profesionais

  • Pemes, Micropemes e Empresas do territorio


A sesión será impartida por María Saez Fernández,  enxeñeira industrial con máis de 14 anos de experiencia reconvertida ao marketing de buscadores e especializada no campo do SEO. Con máis de 14 anos de experiencia como consultora SEO freelance, prestou servizos de optimización de motores de busca a unha ampla gama de empresas, dende multinacionais ata pequenas pemes locais.


PROGRAMA


INSCRICIÓN


 


Proxecto Coworking Dixital “Ccompostela” cofinanciado nun 80% por FEDER que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirregional 2014-2020 dentro do eixo 3: Mellorar a Competitividade das PEMES, Obxectivo Temático 3 Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros. A Deputación Provincial de Acoruña aporta o 20% restante, no marco do Plan de Emprego Local (PEL).Anualidade 2021.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña