XORNADA INFORMATIVA SOBRE AS SUBVENCIÓNS PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL, INNOVACIÓN E MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL

XORNADA INFORMATIVA SOBRE AS SUBVENCIÓNS PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL, INNOVACIÓN E MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL
Data: 20/02/2024
Hora: 09:30
Enderezo: CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RÚA REPÚBLICA CHECA Nº 40 - SANTIAGO DE COMPOSTELA
Localidade: SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada informativa impartida por parte da Dirección Xeral de Comercio e Consumo en relación á convocatoria publicada o día 2 de febreiro no Diario Oficial de Galicia da Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal.


O comercio retallista é un sector en constante evolución que ten que adaptarse á realidade actual e dar resposta aos novos hábitos de compra das persoas consumidoras. A modernización da actividade comercial e artesanal é fundamental para incrementar a competitividade do sector, ofrecendo produtos de calidade e deseños únicos e personalizados que melloren a experiencia de compra da clientela e contribúan a afianzar o recoñecemento dos establecementos comerciais retallistas e o seu posicionamento no mercado. Polo que a dixitalización e a innovación son retos ineludibles para o sector comercial galego.


Os comercios retallistas e os obradoiros artesáns deben de adecuarse á nova realidade e introducir novas tecnoloxías dirixidas a transformar dixitalmente os seus negocios dunha forma progresiva e coherente coas necesidades do sector. Con estes obxectivos, a Consellería de Economía, Industria e Innovación pon en marcha esta orde de axudas para impulsar a transformación dixital e a modernización do sector comercial e artesanal.


Se desexas recibir máis información sobre esta convocatoria de axudas INSCRÍBETE!!!

Inscrición ao evento

Lin e acepto a Política de privacidade. *

Responsable: Identidad: Cámara de Comercio de Santiago de Compostela - NIF: Q1573004G Dir. postal: Rúa República Checa 40, 15707, Santiago de Compostela Teléfono: 981596800 E-mail: lopd@camaracompostela.com
En nombre de la CAMARA tratamos la información que nos facilita con el fin de prestarle los servicio de formación del curso en el que usted se inscribe y la gestión del mismo. La legitimización del tratamiento se basa en su consentimiento. Los datos proporcionados se conservarán mientras sea necesario para cumplir el fin del servicio o durante los años necesarios para cumplir con las obligaciones legales. Los datos podrán ser cedidos a los profesores del curso y en aquellos supuestos en que exista una obligación legal. Usted tiene derecho a obtener confirmación sobre si en la Cámara de Comercio de Santiago de Compostela estamos tratando sus datos personales por tanto tiene derecho a acceder a sus datos personales, rectificar los datos inexacto o solicitar su supresión cuando los datos ya no sean necesarios para los fines que fueron recogidos, a la iimitación u oposición y a la portabilidad, para ello puede enviar un correo electrónico a lopd@camaracompostela.com. Además, si considera que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente, podrá presentar una reclamación ante la autoridad de control en agpd.es.”   

* Campos obrigatorios

CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RÚA REPÚBLICA CHECA Nº 40

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña