EXPLORANDO NOVAS REALIDADES: REALIDADE VIRTUAL, REALIDADE AUMENTADA E VISIÓN ARTIFICIAL

EXPLORANDO NOVAS REALIDADES: REALIDADE VIRTUAL, REALIDADE AUMENTADA E VISIÓN ARTIFICIAL
Data: 21/06/2024
Hora: 12:00
Enderezo: CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO. RÚA REPÚBLICA CHECA Nº 40, SANTIAGO, 15707

Esta xornada está deseñada para introducir a persoas emprendedoras, autónomas e profesionais do mundo empresarial no apaixonante mundo das tecnoloxías inmersivas.


Comezaremos cunha explicación do que son a realidade virtual (VR), a realidade aumentada (AR) e a realidade mixta (MR), abranguendo dende as súas definicións e usos, ata unha breve historia da súa evolución e as solucións de mercado máis destacadas. Discutiremos as súas aplicacións tanto xerais como específicas no ámbito profesional, ademais das súas vantaxes e desvantaxes.


Finalmente, ofreceremos unha experiencia práctica con gafas de realidade virtual, onde os asistentes poderán somerxer en diferentes entornas como vídeos, visitas virtuais a museos, exploración de paisaxes e simulacións de experiencias médicas.


Impartida por Marc Badosa Samsó, Grao de Multimedia, aplicacións e videoxogos na Universidade de Vic e Máster en Intelixencia artificial e en Visión por computador. Actualmente, traballa como investigador e docente en Intelixencia artificial en proxectos de recoñecemento.


VER PROGRAMA


REALIZAR INSCRICIÓN

CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO. RÚA REPÚBLICA CHECA Nº 40, SANTIAGO

15707

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña