MELLORA A EXPERIENCIA DO CLIENTE CON TECNOLOXÍAS DIXITAIS: O DIGITAL JOURNEY MAP

MELLORA A EXPERIENCIA DO CLIENTE CON TECNOLOXÍAS DIXITAIS: O DIGITAL JOURNEY MAP
Data: 16/07/2024
Hora: 16:00 - 19:00

Durante esta sesión teórico-práctica, exploraranse os conceptos fundamentais do Digital Journey Map, desde a súa definición ata a súa aplicación en distintos contextos empresariais.


As persoas participantes aprenderán a identificar puntos de interacción clave cos clientes, avaliar oportunidades para implementar ferramentas tecnolóxicas e desenvolver estratexias para optimizar cada etapa do percorrido do cliente.


A través de exemplos prácticos e exercicios interactivos, os asistentes adquirirán as habilidades necesarias para transformar dixitalmente os seus negocios e ofrecer experiencias de cliente superiores e personalizadas.


A sesión será impartida por Pablo López Pérez, experto en transformación dixital e experiencia do cliente. Facilita procesos de cambio baseados na metodoloxía do coaching e é formador de habilidades directivas e intelixencia emocional.


VER PROGRAMA


REALIZAR INSCRICIÓN

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña