BUZÓN DE SUXERENCIAS E PROPOSTAS COVID 19

A Cámara de Comercio de Santiago é un órgano consultivo e de colaboración coas Administracións Públicas, estando habilitada por mandato legal para propoñer  cantas reformas ou medidas considere necesarias para o fomento da competitividade do comercio, a industria, os servizos e a navegación na súa demarcación territorial  así como colaborar na elaboración, desenvolvemento, execución e seguemento dos plans que desde as distintas Administracións se deseñen para o incremento da competitividade nos indicados sectores.

O seu carácter transversal asegura unha visión dos problemas das nosas empresas desde unha perspectiva intersectorial.

Neste sentido, a Cámara de Comercio de Santiago é, polo tanto, un interlocutor eficaz para a defensa dos intereses das empresas da súa demarcación. 

Sendo conscientes das grandes dificultades económicas e laborais que están a atravesar as nosas empresas como consecuencia da paralización da actividade empresarial provocada pola declaración do estado de alarma, así como da importancia da adopción, por parte das distintas Administracións, das medidas axeitadas para a reactivación da actividade económica e do emprego, a Cámara de Comercio de Santiago pon á disposición das empresas e asociacións empresariais da súa demarcación territorial,  un buzón específico para a recollida de propostas, medidas ou calquera outra cuestión relacionada co COVID-19 que consideren de interese, as cales, trala súa análise, serán elevadas ao organismo competente.

 

 Lin e acepto a Política de privacidade. *

Responsable: Identidad: Cámara de Comercio de Santiago de Compostela - NIF: Q1573004G Dir. postal: Rúa República Checa 40, 15707, Santiago de Compostela Teléfono: 981596800 E-mail: lopd@camaracompostela.com
En nombre de la Cámara tratamos la información que nos facilita con el fin de contestarle a las Consultas que nos plantea. La legitimación del tratamiento se basa en su consentimiento. Los datos proporcionados se conservarán mientras sean necesarios para resolver la cuestión planteada. Los datos no se cederán a terceros salvo en los casos en que exista una obligación legal. Usted tiene derecho a obtener confirmación sobre si en la Cámara de Comercio de Santiago de Compostela estamos tratando sus datos personales por tanto tiene derecho a acceder a sus datos personales, rectificar los datos inexacto o solicitar su supresión cuando los datos ya no sean necesarios para los fines que fueron recogidos y a la portabilidad. Además, si considera que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente, podrá presentar una reclamación ante la autoridad de control en agpd.es. 

* Campos obrigatorios

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña