CLAUSURA DA INTERNATIONAL CREATIVE JAM CELEBRADA EN LUGO

25/03/2024

A International Creative Jam celebrada en Lugo para o proxecto ATLIC chegou ao seu fin o pasado día 21 de marzo, marcando unha insperadora viaxe de innovación e colaboración. 

Un gran agradecemento a todos os participantes pola súas invaluables contribucións e ideas innovadoras para a economía azul!

Ao longo de 3 días os participantes non só descubriron e exploraron a economía azul, se non que tamén forxaron significativas relacións, enfatizando no desenvolvemento social e a innovación na área atlántica.

Trala presentación das súas creacións ante un xurado de expertos elixíronse tres gañadores, a idea do proxecto gañador “SeA Peneira” desenvolvía un proxecto de colocación de filtros de micro plásticos nas bateas co obxectivo de colleitar estos para o seu posterior tratamento e xeración de enerxía. O segundo premio otorgouse a “BluOASIS” que buscaba crear un ecosistema nun lugar contaminado onde poder criar peixes e algas mariñas, apoiando así ás comunidades locais e á súa economía mediante a produción de produtos do mar e a súa exportación. O derradeiro premio foi para o proxecto “SOCABOT”, cuxo obxectivo era crear un robot cancelador de sons para reducir o impacto das explosións submariñas que se levan a cabo e controlar a contaminación acústica, perservando deste xeito a biodiversidade.

Os equipos galardoados recibiron diversos equipos electrónicos.

O proxecto ATLIC está co-financiado polo programa Interreg Atlantic Area da Unión Europea.

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña