REUNIÓN DO FORO CÍVICO NO COLEXIO OFICAL DE AVOGADOS DE SANTIAGO

07/05/2024

No día de onte tivo lugar nas instalacións do Colexio Oficial de Avogados de Santiago unha nova reunión do Foro Cívico á que asistirón a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, acompañada da tenente de alcaldesa,  María Rozas,e do concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás.

Durante a reunión evaluouse o estado de situación dos temas claves da cidade apuntados no documento suscrito por todos os grupos municipais nun anterior encontro. Nese documento recóllense temas mollares da cidade, tales como: o dimensionamento e planificación do espazo destinado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago, o problema da falta de vivenda na cidade, o servizo do ciclo integral da auga -con especial referencia á E.D.A.R.-, a estación de ferrocarril de mercadorías, a industrialización e o deseño dunha xestión e promoción turística sustentable cara os próximos anos.

A rexedora informou sobre a reunión mantida na Xunta para conseguir unha solución de mobilidade e de aparcadoiro na contorna do CHUS. A Xunta enviará unha proposta de protocolo marco e, a partir de aí, redactaranse os convenios para o aparcadoiro e os accesos, que se encargará a administración autonómica da súa licitación e contratación.

Tamén falou da creación da empresa municipal de vivenda, coa posibilidade de que se dedique á recuperación e á rehabilitación de inmobles como prioridade, ademais da necesidade de que a Xunta poida facer investimentos propios en Santiago de Compostela en materia de vivenda. 

Entre as iniciativas que están en marcha, destacou a estación depuradora de augas residuais, cunha obra que comezou no mes de febreiro, "para que a mediados de 2026 sexa unha realidade para acabar coa contaminación aos ríos". Sobre a estación intermodal, indicaron a previsión de que o próximo ano se poida licitar o aparcadoiro cun proxecto xa comprometido con ADIF e co Ministerio de Transportes, para o que haberá fondos en 2025 nos Orzamentos Xerais do Estado. O Orbital, que estaba licitado por 33 meses, estímase que á volta do verán poida estar concluído.

O portavoz do Foro Cívico, Carlos García Cumplido, sinalou que "nos temas importantes para a cidade ponse de manifesto que cando hai unha colaboración e un apoio unánime dos grupos políticos e se chega a acordos, a cidade medra, como no caso recente do CHUS e da EDAR". "Esta é unha mostra do que o Foro Cívico pretende, do que significa traballar todas as administracións polas grandes infraestruturas da cidade", indicou.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña