A CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO, EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE NOIA E A ASOCIACIÓN NOIA HISTÓRICA IMPULSARÁN A CREACIÓN DUNHA COMUNIDADE ENERXÉTICA EMPRESARIAL

29/05/2024

A Cámara de Comercio de Santiago, xunto co Concello de Noia e a Asociación Noia Histórica, están a traballar conxuntamente na posta en marcha unha comunidade enerxética empresarial que poida beneficiar aos autónomos e pemes ubicados no concello noiés, axudándolles a avanzar na descarbonización da súa actividade produtiva, impulsando un desenvolvemento sostenible e mellorando a súa competitividade, mediante a reducción da súa dependencia do mercado eléctrico e o aumento da súa eficiencia enerxética.

Así o anunciou a Secretaria Xeral da entidade, Rosa Mary Cardeso, na xornada informativa ás empresas noiesas que tivo lugar no día de hoxe no Edificio do Casino da vila, onde destacou que a creación dunha Comunidade Enerxética Empresarial é “un modelo testado técnica e xurídicamente noutras Comunidades Autónomas, que ten sido catalogado como proxecto piloto nacional polo IDAE, e está permitindo a autónomos, microempresas, pemes e empresas, así como aos propios Concellos, aforros considerables na súa factura eléctrica, con enerxías 100% renovables, e empregando un vehículo que lles axudará a evolucionar no novo modelo de transición enerxética”.  

O acto contou ademáis coa participación do Alcalde do Concello, Santiago Freire, quen agradeceu a iniciativa á Cámara de Comercio ao tempo que amosou a vontade de colaboración do Concello e a “necesidade de promover unha economía sostible e equilibrada co medio ambiente, nos termos recollidos na Axenda 2030 e, neste sentido, as comunidades enerxéticas son un vehículo eficaz para a transición enerxética, ao supoñer ou uso de fontes de enerxía verde que permitan alcanzar un desenvolvemento económico sostible e mellorar a competitividade das nosas empresas a través do aforro dos seus custos enerxéticos”.

De igual xeito, Javier Zuazola, responsable de desenvolvemento das Comunidades Enerxéticas Empresariais de EDINOOR, filial 100% de Repsol, e socio tecnolóxico do proxecto, salientou a importancia medioambiental, social e económica da posta en marcha destas comunidades e o papel que as Cámaras de Comercio están a xogar no desenvolvemento económico sostible da súa demarcación, mediante a promoción e constitución por todo o territorio nacional de Comunidades enerxéticas locais e empresariais. Modelo que sería perfectamente extrapolable á nosa Comunidade.

Segundo o estudo realizado a raíz das cubertas municipais facilitadas polo Concello, poderían xerarse no municipio máis de 300 KW de potencia. Esta producción de enerxía solar supoñería un aforro de 2.198 toneladas de emisións de CO2 á atmosfera, o que equivalente a plantar case 3.000 árbores, que estarían a absorber o dióxido de carbono da atmosfera durante 25 anos.

Máis aló dos beneficios medioambientais, as empresas que se adhiran á Cómunidade Enerxética, poderán beneficiarse, mediante a colocación de instalacións fotovoltaicas en réxime de autoconsumo compartido, dun aforro dos seus custos enerxéticos nunha porcentaxe aproximada dun 25%, e dunha compra mancomunada de enerxía 100% renovable para o 75% restante, o que lle permitirá optimizar dun xeito considerable a súa factura. Cuestión non baladí, se temos en conta que moitas das empresas ubicadas no Polígono de Augalevada son electrointensivas.

O modelo TODA ENERXÍA

O modelo TODA ENERXÍA estase a estender por España, e as Cámaras de Comercio, con Edinor, como socio tecnolóxico, xa constituíron 55 comunidades enerxéticas locais formadas por 284 concellos de 13 provincias españolas das que se beneficiarán máis de 30.000 pemes e fogares, prevendo unha expansión maior nos próximos meses. 

No modelo de Toda Enerxía, a partir da instalación de placas solares fotovoltaicas en cubertas de edificios municipais, xérase a enerxía compartida ou distribuída nas distancias legalmente permitidas dentro do municipio. Os autónomos e pemes que o desexen intégranse, sen ningún tipo de obra ou adecuación nos seus edificios e casas, na comunidade enerxética. 

Ademais, a comunidade enerxética podería negociar o prezo do resto do consumo na comunidade enerxética, o que supón un maior aforro e consumo de enerxía, obtida exclusivamente de fontes renovables, comparativamente cos usuarios fóra da comunidade enerxética. 

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña