A CÁMARA E ABANCA ANALIZAN O IMPACTO DO SECTOR COMERCIAL EN COMPOSTELA

20/06/2024

 

No día de onte, na sede de Afundación, sita na Rúa do Vilar, a Cámara de Comercio de Santiago, en colaboración con ABANCA, presentou os resultados do estudo elaborado polos investigadores da Rede Galabra das Universidades de Santiago, Vigo e Miño. No estudio, no que se fixo un traballo de campo con 444 establecementos comerciais, analizouse a situación do sector comercial en Compostela. Neste sentido, os anos de maior apertura de establecementos comerciais produciuse durante os anos 2012 a 2019, mentres que nos tres últimos anos, a tipoloxía de establecementos que máis abriron a porta foron bares e cafeterías e restaurantes. Reflictese así a necesidade de acompasar a hostalaría e a restauración coa oferta comercial.

Asimesmo, según datos do estudo, os establecementos comerciais entrevistados na mostra indican que a súa clientela é predominantemente local mentres que os clientes visitantes non chegan ao 10%. Sinalouse tamén que a estadía media en Santiago dos visitantes non é de máis de 48 horas e o gasto medio dos peregrinos ronda os 100 €. En canto aos produtos estrela que máis consomen destacan as prendas de vestir, alimentación, aloxamento ou habitacións e xoias ou complementos. Por último, salientouse que so o 23% das persoas visitantes que recibe Compostela son peregrinos, principalmente procedentes doutros lugares de España, e que o 75% de quen nos visita emprega internet como fonte de información.

María Pais, Presidenta de la Cámara compostelana, salientou a importancia da  actividade comercial para a nosa economía, en termos de xeración de emprego e en aportación ao VAB agregado, tanto de xeito directo como a través do efecto mutiplicador que se xera na cadea de valor. 

Neste sentido subliñou que “por cada 100 euros producidos polos sector comercial, xeránse 110 euros máis no resto das ramas da economía e por cada 100 postos de traballo adicados ao comercio, xéranse 68 postos de traballo adicionais noutras industrias” 

De igual xeito destacou a “necesidade de traballar na defensa dun sector clave do noso tecido produtivo; concienciando ás autoridades municipais, estatais e europeas da decisiva importancia de defender este modelo de negocio e de convivencia, fronte a outros operadores tremendamente agresivos e rupturistas cos modelos europeos de sustentabilidade”

No acto tamén participaron a Alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartin, o Director Xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alen, o Reitor da USC, Antonio López, e o Director de Negocio Institucional de ABANCA en Galicia, Asturias, León e País Vasco, Lino Comesaña.

O Director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alen, alabou a iniciativa destacando a importancia de coñecer a situación do sector como paso previo a calquera toma de decisión ao tempo que salientou a necesidade de acometer políticas para a “revitalización comercial e o afianzamento dun comercio de excelencia”. 

Pola súa banda o Rector da USC, na liña apuntada polo Director Xeral, salientou que, “nun momento no que está sobre a mesa o modelo de cidade e o modelo comercial, a transferencia de coñecemento da Universidade ao tecido empresarial revélase fundamental”.

De igual xeito o Director de Negocio Institucional de ABANCA en Galicia, Asturias, León e País Vasco, Lino Comesaña, resaltou a importancia do estudo presentado porque “permite avanzar no coñecemento do comercio local e trazar novas estratexias dirixidas a seguir brindando solucións a medida aos comerciantes”. Nesta liña, reafirmou a vontade de ABANCA de “continuar traballando estreitamente en colaboración co sector para entender as súas necesidades e poder buscar alternativas inovadoras que den resposta aos problemas máis habituais”. 

Por último, a Alcaldesa de Santiago, participou no peche do acto facendo referencia á profunda crise que leva sufrindo o sector comercial nas últimas décadas como consecuencia, entre outras, das grandes superficies, multinacionais, os productos de fóra, a subida dos prezos dos locais, a falta de relevo xeneracional, as novas tecnoloxías e o turismo masivo, poñendo a énfase na necesidade de potenciar o comercio de proximidade e a súa convivencia cun turismo sustentable e responsable.

Programa de Apoio ao Comercio Retallista

A Cámara, ten previsto continuar no 2024 co Programa de Apoio ao Comercio Retallista, un programa que inclúe un conxunto de actuacións de apoio ao pequeno comercio orientadas a fomentar a innovación e mellorar a súa competitividade.

Durante o ano pasado, en colaboración directa coas asociacións da demarcación, desenvolvéronse 6  accións formativas, alcanzando un total de 159 establecementos comerciais participantes. Así mesmo, realizáronse actividades de promoción do comercio local a través do desenvolvemento de accións de dinamización e incentivación das vendas, xerándose impactos directos en 843 establecementos comerciais. Campañas de promoción de vendas a través de redes sociais, repartición de material promocional como bolsas reutilizables, lapis, embalaxes, señalizadores externos, valos publicitarios, etc, foron algunhas das actuacións executadas con cargo a este programa.

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña