A Cámara de Comercio convoca unha xornada de traballo sobre as axudas ás fontes de enerxía renovables

22/04/2019

O próximo 30 de abril a partir das 09:45h, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, realizará unha xornada de traballo na que se informará pormenorizadamente acerca das distintas líñas de axuda do INEGA ás fontes de enerxía renovables. A Cámara orienta este acto aos seus socios, empresas, autónomos e interesados en xeral. 

A xornada será impartida polo Xefe da Área de Enerxías Renovables do INEGA, Joaquín López Pérez, que aclarará as distintas dúbidas que se poden chegar a plantexar, como quen son os beneficiarios, as tipoloxías de enerxías renovables subvencionadas, os criterios técnicos de valoración dos proxectos e a documentación necesaria para realizar a solicitude.

O INEGA abriu ata o próximo 31 de maio o prazo de presentación de solicitudes do programa para impulsar as enerxías renovables e a eficiencia enerxética co que se prevé movilizar 6 millones de euros entre inversións públicas e privadas. 

Esta iniciativa, cun orzamento de 1,72 millóns de euros, prevé un aforro global de preto de 600.000€ ao ano, evitándose a emisión de 2.150 toneladas de CO2 anuais. 

Nesta convocatoria, con subvencións de ata 300.000 euros por empresa, contemplase unha maior intensidade nos apoios ás pequenas empresas, que poderan obter ata o 55% da inversión subvencionable. 

Todos aqueles interesados en asistir a xornada, con prazas limitadas ao aforo da sala, deberán formalizar a súa inscrición na seguinte ligazón: http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=1C0A0A0&p=210#.XLRNegzYdV

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña