A Cámara de Santiago celebrou dúas xornadas destinadas a empresarios que queren optimizar os seus negocios e deixar de traballar en “piloto automático”

20/02/2020

Dirixida a autónomos, pemes, empregados e emprendedores, a charla estivo impartida polo coach, formador e asesor de pemes e autónomos Juan Luis Magariños. O obxecto da formación foi axudar ás empresas a alcanzar o éxito, planificando o seu rumbo empresarial. No desenvolvemento da xornada puxéronse exemplos de mellora implementados e válidos para pemes e autónomos, co obxecto final de facer máis rendible o negocio e mesmo ter posibilidades de medrar, investindo noutras áreas da empresa como a formación, tecnoloxía ou marketing. 

Juan Magariños incidiu sobre a importancia de deixar de ser unha vítima da situación do mercado para ser un actor principal co teu negocio. Deu as claves de porque isto é así, porque funcionamos en piloto automático e como desbloquealo.  Falou sobre as claves para que un negocio sexa rendible. O teu negocio non está para vender ou facturar senón para que cada vez a diferenza entre ingresos e gastos sexa maior e así xenere a liquidez que permita crecer e investir por exemplo noutras áreas (asesores, formación, colaboradores, tecnoloxía, instalacións, márketing…)

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña