Aprazamento das cuotas do canon mensual das empresas ubicadas no Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago

20/03/2020

O Comité Executivo da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela adoptou e comunicou, no día de hoxe, aos proxectos emprendedores e ás empresas consolidadas ubicadas no Viveiro de Empresas o aprazamento das cuotas do canon mensual. 

No contexto actual de estado de alarma, declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e co obxectivo de contribuir a minimizar o impacto económico que as empresas aloxadas no Viveiro de Empresas puidesen sufrir como consecuencia das medidas adoptadas, tanto a nivel nacional como autonómico, nesta situación de emerxencia; a Cámara de Comercio de Santiago informou, no día de hoxe, ás empresas da posibilidade excepcional de aprazar o pago do canon de cesión relativo ás mensualidades de abril e maio, de manera que o importe correspondiente a ditas cotas pendentes pódese prorratear nos 3 ou 6 meses seguintes de xeito proporcional, devengándose en cada unha das mensualidades posteriores. 

Todas aquelas empresas que decidan acollerse a esta medida extraordinaria terán que solicitalo, por correo electrónico no e-mail: serviciotecnico@camaracompostela.com  non máis tarde do día 31 de marzo de 2020. 

O Comité Executivo  da Cámara de Comercio de Santiago manifestou “que agarda que esta medida, aínda que testimonial, poida ser de axuda para apoiar aos nosos proxectos emprendedores e para as nosas empresas consolidadas”, tanto do Viveiro Físico coma do Viveiro Virtual.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña