Redución do 50% no importe do canon de cesión no Viveiro de Empresas durante os meses de abril e maio

06/04/2020

O Comité Executivo da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela amplía as medidas extraordinarias para os proxectos emprendedores e ás empresas consolidadas ubicadas no Viveiro de Empresas. 

No contexto actual do estado de alarma, declarado inicialmente polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, complementado co Real Decreto-Lei 10/2020 , de 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuido recuperable para as personas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais e límitase ao máximo a movilidade en todo o territorio nacional, a Cámara de Comercio de Santiago co obxectivo de contribuir a minimizar o impacto económico que as empresas aloxadas no Viveiro de Empresas puidesen sufrir como consecuencia das medidas adoptadas, decidiu implementar NOVAS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS, neste caso o importe do canon de cesión dos meses de abril e maio de 2020 veranse reducido nun 50% sobre a tarifa base correspondiente en cada caso. 

Esta medida complementa á adoptada nos primeiros días do estado de alarma en relación á posibilidade de solicitude de aprazamento no pago do canon, de xeito que non se verán modificados os términos dos aprazamentos nos pagos previamente solicitados xa, a día de hoxe, por algunhas empresas. 

Aínda que nesta fase da crise, a prioridade é garantir á seguridade da saúde e das persoas, a Cámara de Comercio de Santiago tamén é consciente da necesidade da supervivencia das empresas e o mantenemento ao máximo do emprego de ahí a implementación de medidas extraordinarias orientadas á necesaria recuperación e reconstrucción económica e social.

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña