CONSTRÚE O TEU FUTURO: PROGRAMAS PERSONALIZADOS PARA EMPRENDEMENTO XUVENIL VÍA STREAMING

13/04/2020

A Cámara de Comercio de Santiago, en colaboración coa Fundación Incyde e co cofinanciamento do Concello de Santiago e do Fondo Social Europeo comezará o próximo luns 20 de abril, VIA STREAMING dous programas formativos dirixidos e orientados a mozos e mozas menores de 30 anos e inscritos en Garantía Xuvenil. 

O obxectivo principal destes Programas Formativos é contribuír á inserción no mercado de traballo a través do Emprendemento de mozos e mozas menores de 30 anos, que nin estudan nin traballan, e que a través dos programas “Constrúe o teu futuro: programas personalizados para emprendemento xuvenil”, aínda que non poñan en marcha a súa propia empresa, a experiencia reportaralles coñecementos e habilidades empresariais esenciais como a creatividade, iniciativa, tenacidade, traballo en equipo, xestión do risco e sentido da responsabilidade. Cualidades valoradas no mundo profesional e que, por tanto, incrementan a súa empregabilidade. 

Programa de Formación de Social Media, Marketing  Dixital e Emprendemento 

O Programa de Formación de Social Media, Marketing  Dixital e Emprendemento  está dirixido a emprendedor@s e profesionais  que desexen optimizar e especializarse en competencias do marketing dixital e o aproveitamento efectivo das redes sociais e a web 2.0, permitíndolles incrementar a súa calidade profesional e mellorar a súa empregabilidade. 

O programa axudará aos participantes a definir a súa propia estratexia de comunicación nos novos medios sociais (redes sociais, blogs, buscadores, etc.), o plan de marketing dixital e a execución de accións para mellorar a reputación e o posicionamento dos seus produtos/servizos na internet. 

Programa de Tendas Virtuais e Emprendemento

O Programa de Tendas Virtuais e Emprendemento estará dirixido a mozos e mozas interesadas en mellorar ou consolidar á actividade comercial a través da programación e creación de tendas virtuais. 

A través deste programa, @s participant@s  aprenderán a:  deseñar unha tenda online en Wordpress, coñecer o contexto que rodea o sector da venda na internet, deseñar un plan de marketing online para unha tenda online e, acceder a provedores e recursos valiosos para seguir a aprendizaxe unha vez terminado o curso. 

O obxectivo fundamental dos dous programa é o de proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenrolar o Plan de Empresa / Plan de Mellora, sempre coa axuda das ferramentas de xestión para favorecer a súa posta en marcha. Con este programa facilítase a elaboración dun Proxecto de Empresa / Plan de Mellora desenrolado e completo, que pode empregar o/a promotor/a non só como guía de referencia para a posta en marcha e/ou consolidación do seu negocio, tamén lle pode servir como medio de argumentación da súa viabilidade ante entidades públicas e financieras. O programa axudará aos participantes a definir a súa propia estratexia de comunicación nos novos medios sociais (redes sociais, blogs, buscadores, etc.), o plan de márketing dixital e a execución de accións para mellorar a reputación e o posicionamento dos seus produtos/servizos na internet. 

Os programas formativos VIA STREAMING son GRATUITOS previa inscrición na páxina web da Cámara de Comercio de Santiago www.camaracompostela.com

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña