“COMPRA DO NOSO” IMPULSARÁ O CONSUMO DE PRODUTOS E SERVIZOS GALEGOS

22/05/2020

O empresariado galego únese para crear un selo que favoreza o consumo de produtos e servizos galegos. “Compra do Noso”é  unha proposta aberta a toda a sociedade, organizacións empresariais e institucións para reactivar a economía. A iniciativa, presentada esta mañá,conta polo momento co apoio de 18 entidades empresariais galegas (confederacións de empresarios, cámaras, clusters e asociacións).

En palabras dos promotores“a pandemia que nos últimos meses asolagou á nosa sociedade, levándose miles de vidas dos nosos concidadáns, ameaza agora con levarse por diante a unha parte da nosa economía baseada nas pequenas e medianas empresas que sustentan o emprego do noso país”.

Baixo o lema “Compra do noso”, o Cluster quere comezar un camiño no que toda a sociedade sexa capaz de camiñar xunta cara o obxectivo común de salvar o tecido industrial e comercial galego. Consideran que apostar polo consumo local “é o mellor xeito de facer país, de reactivar a economía e de potenciar o emprego”.

Os impulsores do proxecto puxeron de manifesto que o seu obxectivo é que esta marca sexa patrimonio da sociedade galega e, especialmente, de todas as organizacións empresariais empresas e particulares, estendéndoa especialmente ás institucións, desde os concellos ata a propia Xunta de Galicia.

Trátase dunha iniciativa totalmente aberta que aspira a contar co máximo apoio social posible.

Variantes da marca

A marca pódese a adaptar a cada tipo de servizo ou produto con diferentes variantes (Le do noso, Viste do noso…) encargándose o Cluster de adaptar a marca de balde a todas as súas variantes.

Organizacións adheridas

Confederación de Empresarios de A Coruña

Confederación de Empresarios de Lugo

Confederación de Empresarios de Ourense

Confederación de Empresarios de Pontevedra

Círculo de Empresarios de Galicia

Cámara de Comercio de Santiago

Asociación de Empresarios del Polígono del Tambre

Asociación de Empresarios de la Mediana y Pequeña Empresa (AEMPE)

Cluster Audiovisual

Cluster da Comunicación

Cluster da Madeira

Cluster Naval

ClusterGalegoTecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA)

Asociación de IndustrialesMetalúrgicos de Galicia (ASIME)

Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados (ANFACO)

BIOGA

Asociación Gallega de Fabricantes de Alimentos Compuestos (AGAFAC)

D.O. Monterrey

D.O. Valdeorras

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña