BANCO SANTANDER E AS CÁMARAS DE COMERCIO DE SANTIAGO E DE A CORUÑA LANZAN A CUARTA EDICIÓN DO "PREMIO PYME DEL AÑO"

08/06/2020

BASES

INSCRICIÓN

 

Banco Santander, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, e a Cámara de Comercio da Coruña, convocan, en colaboración coa Cámara de España e o diario La Voz de Galicia, a cuarta edición do Premio Pyme del Año. O obxectivo deste certame é recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián. 

O prazo de presentación de candidaturas para o Premio Pyme del Año 2020 ábrese hoxe, 8 de xuño, e pecharase o 18 de setembro. 

A esta nova convocatoria poden concorrer todas as pequenas e medianas empresas da provincia con menos de 250 empregados e cunha facturación anual inferior aos 50 millóns de euros no exercicio 2019.

Ademais da elección da Peme do Ano, o xurado poderá conceder, ademais, catro accésits nas categorías de Internacionalización, Innovación e Dixitalización, Formación e Emprego, e Empresa Responsable. 

Con carácter extraordinario, nesta edición incluíuse unha mención especial á Mellor Iniciativa na loita contra o COVID-19, levada a cabo en 2020. 

A empresa gañadora concorrerá ao Premio Nacional Pyme del Año 2020, que se fallará no primeiro trimestre de 2021. Igualmente, as empresas gañadoras dos diferentes accésits e a mención especial concorrerán ao Premio Nacional nas súas respectivas categorías. 

Como participar

As empresas interesadas deberán encher o formulario de inscrición que atoparán na web das Cámaras de Comercio de Santiago e A Coruña, onde tamén poden consultar as bases do concurso. 

O xurado valorará nas súas deliberacións méritos como a creación de emprego, con especial atención ao emprego indefinido; as accións de formación para os empregados; a actividade internacional, fixándose na evolución das exportacións e a apertura a novos mercados; e as iniciativas de dixitalización e innovación, así como os proxectos socialmente responsables e, con carácter especial este ano, as accións levadas a cabo para loitar contra o COVID-19. 

Máis de 2.300 pemes participantes

O Premio Pyme del Año consolídase con esta cuarta edición como unha das convocatorias de máis prestixio no mundo empresarial. En 2019, terceira edición do Premio Pyme del Año, inscribíronse un total de 1.552 empresas das 50 provincias e a Ciudad Autónoma de Ceuta, e contou coa participación de 42 Cámaras de Comercio territoriais. Desde 2017, ano da súa implantación, xa son 2.303 pemes que participaron no certamen.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña