A CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO ORGANIZOU HOXE UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS AO EMPRENDEMENTO FEMININO

22/07/2020

Natalia Prieto, secretaria xeral de Igualdade por delegación, acompañada de Aurora Patiño, Subdirectora Xeral de Promoción da Igualdade, profundizou no Programa EMEGA 2020 para o fomento do emprendemento feminino. O seu obxectivo é apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto co impulso a outras medidas para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e servizos de asesoramento cos que facilitar a implantación e a consolidación de proxectos liderados por mulleres.

O programa consolídase como unha medida para promocionar a participación das mulleres no mercado de traballo e aproveitar o seu potencial para crear novas oportunidades de negocio. A finalidade última é que aquelas mulleres que teñan unha idea poidan materializala e contribúan, ao mesmo tempo, a xerar riqueza e novos postos de traballo. Este programa conta con catro liñas de actuación:

·         Emprende

·         Innova

·         Activia

·         Itef

Por outra banda, Rosa Mary Cardeso, secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, falou dos Programas de apoio ao emprendemento feminino (PAEM). Un programa que ten como obxectivo básico sensibilizar ás mulleres e ao seu entorno no autoemprego e na actividade empresarial, actuando como instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas lideradas por mulleres.

As accións a desenvolver no programa plantéxanse a través da creación dunha rede de gabinetes presenciais de promoción empresarial que proporcionan accións de sensibilización, información, asesoramento e orientación ás mulleres emprendedoras e empresarias. Este tipo de programas, conta cun servizo de asesoramento on-line a través da páxina web www.empresarias.camara.es que en menos de 48 horas responde ás consultas das emprendedoras e empresarias achegandoas ás novas tecnoloxías.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña