O Foro Civico de Santiago reuniu novamente aos grupos municipais

16/09/2020

O Foro Civico de Santiago convocou ao alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo a unha reunión hoxe martes, ás 11:00 horas, para coñecer a evolución das decisións e o punto de situación de cada un dos seguintes proxectos: 

·         Industrialización da área de Compostela

·         Estación Intermodal

·         Infraestruturas A-54 e Orbitaliño

·         E.D.A.R

·         Reforma e modernización da Administración Municipal 

tendo en conta que vai alá máis dun ano desde as eleccións municipais e da sinatura da folla de ruta asinada o 9 de maio de 2019. 

Ademais dos representantes do Foro Civico e o alcalde de Santiago asistiron os portavoces dos grupos municipais no Concello de Santiago: Alejandro Sánchez-Brunete, Marta Lois e Goretti Sanmartín. 

O Foro Cívico de Santiago de Compostela sempre considerou que existen varios asuntos de capital importancia para a cidade e que son esenciais no presente e o futuro desta, e que ademais deben quedar fóra da disputa partidaria, xa que transcenden a unha única lexislatura, ao consideralos estratéxicos para a cidade, e por iso José Carballo, portavoz do Foro Civico, agradeceu a asistencia e a actitude e o talante de todos os partidos políticos na xuntanza de hoxe. 

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosou o “compromiso total e absoluto” do Concello de Santiago cos cinco puntos que recolle o Acordo do Foro Cívico asinado na Cámara de Comercio compostelá en maio de 2019; a industrialización, a intermodal, a EDAR, a mellora das conexións e infraestruturas, e a modernización da administración local. Cinco proxectos imprescindibles, cinco eixos troncais para a cidade, sinalou, nos que “houbo avances significativos”, condicionados, engadiu o rexedor, “polas actuais circunstancias” de crise sanitaria, e pola espera a que se constituira o goberno central.  

O alcalde recordou que "levamos 15 meses de Goberno", que estamos nun escenario "moi particular" no que compre dar resposta efectiva á crise sanitaria a nivel social e de reactivación económica. 

Lembrou tamén que a aposta de Santiago en materia de industrialización e pola biotecnoloxía e polo sector da Madeira, os dous polos que cómpre impulsar. No resumo que fixo destes 15 meses de mandato, Sánchez Bugallo destacou o Acordo da Sionlla, asinado entre o Concello, a Xunta, a Asociación Área Empresarial do Tambre e a USC, que senta as bases do “Polo de Innovación en Biotecnoloxía”, que ten como obxectivo situar á cidade é á comunidade como un referente no sector. 

Desde o punto de vista fiscal, o alcalde destacou a entrada de Santiago no grupo de cidades emprendedoras, a través do programa Doing Business; a bonificación de ata o 95% no IBI, IAE e no ICIO (Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras), para as empresas que se instalen na cidade e cren emprego de calidade, na que o rexedor agradeceu o apoio de Compostela Aberta. 

Sánchez Bugallo explicou que  cando cando comezou o mandato, en parte do  polígono da Sionlla non se podían garantir servizos como saneamento, auga e electricidade. "Houbo que buscar solucións" e o concello puxo en marcha dúas plantas de tratamento e de subministro de auga. Ademais, nestes 15 meses, sinalou que se concedieron más de 20 licenzas e está en tramitación outro "número importante, polo que en dous anos a previsión é de que se instalen 40 novas empresas. 

Sobre as obras da intermodal, Sánchez Bugallo explicou que está previsto que a parte que está executando o Concello, de reurbanización de Clara Campoamor, finalice o 23 de setembro. As obras da Xunta están en prazo e a parte de ADIF, a conexión entre a Rúa do Hórreo e Clara Campoamor é a que leva máis retraso. Prevese, segundo explicou o alcalde, que a finais de 2020 estea rematada está actuación, e que a principios do vindeiro ano se poña todo en funcionamiento. 

No eixo relacionado coa mellora das conexións e as infraestruturas, destacou os avances na construción da A-54. En relación ao Orbital, afirmou que está previsto que as obras comecen a principio de novembro, despois da resolución da concesión a finais de agosto. En canto ao Orbitaliño está en fase de exposición ao público. Explicou que se presentaron varias alegacións, e esta semana hai unha reunión para "buscar puntos en común" que poidan garantir unha mellor conectividade, funcionalidade e operatividade da infraestutura.  

Tamén se referiu á EDAR da Silvouta. O alcalde adiantou que está previsto que próximo 30 de setembro se seleccione o proxecto definitivo entre as catro propostas que pasaron a fase de preselección. Despois haberá que redatar o proxecto de execución e tramitar a autorización medioambiental, que espera sexa simplificada para poder iniciar a obra o próximo ano. 

En canto á modernización da administración local, Sánchez Bugallo adiantou que o 21 de outubro está prevista a entrada en funcionamento de todos os procedementos dixitais.

 Tanto o alcalde coma os tres portavoces municipais manifestaron o seu apoio para sacar adiante e avanzar nestes cinco temas que recolle o acordo do Foro Civico. Ademais felicitaron ao Foro pola súa preocupación e polo seu traballo por pensar conxuntamente na cidade de Compostela, como pola iniciativa de seguir exercendo presión nos temas prioritarios para Santiago e nos que o Foro acadou que todos os grupos municipais chegasen á sinatura dun consenso. 

Para rematar José Carballo, en representación do Foro Civico fixo unha sintese dos temas tratados. En canto á industrialización os parabéns por dar esas licenzas de auga e de enerxía, nos últimos meses, malia o Foro ten que ser crítico xa que neste ano e medio avanzouse moi pouco na creación dun instrumento, dun órgano permanente que poida meter a Santiago nos fondos europeos. Estanse facendo as cousas ben, moitas delas resolvéronse ben pero é necesaria a creación dun instrumento que pelexe a candidatura de Compostela con carácter xeral e que posicione a Santiago específicamente respecto dos fondos europeos da economía verde. 

O representante do Foro tamén manifestou ese consenso xeral en canto a Estación intermodal e lanzou a pregunta a todos os grupos  da necesidade dunha unanimidade de que a estación intermodal definida no seu día quedou corta para esta cidade polo que Santiago e todos os seus partidos políticos terán que pelexar por unha segunda fase ou por outra estación para o AVE de Santiago. 

Respecto ao tema do Orbitaliño é necesario concretar datas, dando por feito que si o orbitaliño se resolve con dúas altura que xa é moito máis do que se pedía fai máis dun ano, sería unha boa solución técnica e por tanto hai que agradecer esta demora. Malia o Foro pide avanzar en compromisos e plazos, xa que unha vez resolto o orbital para o desatasco da N550 é vital ademais de para dar servizos aos polígonos. 

Son dúas as preocupacións en canto a EDAR, o coste para o cidadán de Santiago e, a situación medioambiental insostible. Non se pode esquencer  a situación medioambiental insostible que están a  vivir os cidadáns de Santiago.

Por último lembrar que a dixitalización non é a panacea pero é imprescindible para colocar a Santiago no século XXI, para medir o traballo e o seu contido, para coñecer o estado dos expedientes e das tramitacións municipais, o Foro aplaude que todos os partidos vexan a dixitalización coma un instrumento e unha ferramenta para o cambio de concepción e modernización.

Cadena SER

Onda cero_1

Onda cero_2

COPE

RADIO VOZ

O Foro Cívico de Santiago de Compostela, é unha plataforma de traballo que reúne a institucións, asociacións e colexios profesionais da capital galega como son a Universidade, a Cámara de Comercio de Santiago, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca, a Fundación Santiago Centro, a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, o Rotary Club, a Real Sociedade Económica de Amigos do País, a Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, a Asociación de Antigos Alumnos da Universidade, a Asociación de Xornalistas de Santiago, Compostela Solidaria, a Asociación Vicus Francorum, o Colexio Maior A Estila, o Colexio de Avogados, o Colexio de Economistas, o Colexio de Arquitectos, o Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais, o Colexio de Procuradores e o Ateneo de Santiago

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña