A Cámara de Comercio de Santiago estará na sétima edición do Pont Up Store en Pontevedra

15/09/2020

No marco da programación da sétima edición do Pont Up Store en Pontevedra a Cámara de Comercio de Santiago colabora coa xornada de internacionalización do encontro que terá lugar o vindeiro venres 18 de setembro de 18 a 20 horas e que será organizada e presentada na plataforma dixital Zoom polas entidades Ticket2Europe e Espazo Arroelo. 

A Cámara busca promover o encontro empresarial entre entidades de Galicia e Norte de Portugal, así como poñer en valor o traballo de cooperación transfronteirizo realizado no propio LIDERA e noutros proxectos europeos de Galicia e Portugal nos que colaboran as distintas entidades e empresas participantes na sesión. 

Debido ás circunstancias actuais de restricións en Pontevedra para actividades presenciais debido a COVID-19, todo o evento será en formato dixital e gratuíto, previa inscrición. 

Esta actividade enmárcase dentro da programación da Cámara de Comercio no proxecto LIDERA, proxecto de coperación transfronteiriza cofinanciado polo Programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). O proxecto LIDERA ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través da posta en valor das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. 

Programa Venres, 18 de setembro de 2020 

18:00 h Construíndo pontes: Encontro con persoas emprendedoras onde potenciar a importancia da cooperación transfronteiriza no emprendemento. Como crear redes internacionais

Participantes: 

A experiencia do CONECTADOS SUMAMOS. Proxecto LIDERA: Pilar del Oro (Fundación Galicia Europea) 

Programa Erasmus para Mozos Emprendedores: Belén Mendoza (Cámara de Comercio de Santiago) 

Experiencias innovadoras de colaboración:

- Vida Láctea

- Dinamo 10 e Creative Habitat

- Sports for the world 

Modera África Rodríguez de Espazo Arroelo 

19:00 h Volvendo ás orixes: Encontro con diferentes entidades para descubrir os espazos creativos que están a xurdir no rural galego. Posta en coñecemento das iniciativas de emprendemento realizadas desde o rural. 

Participantes: 

Villa Regina (Santa Comba)
Anceu Coliving (Ponte Caldelas)
Espazo Matrioska (As Neves

A Bananeira (Illa de Arousa)

Modera María Lusquiños da Polinizadora

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña