Fondos de recuperación e reconstrución

29/01/2021

A Cámara de Comercio de Santiago súmase á iniciativa promovida pola Cámara de Comercio de España. Ante a crise provocada pola pandemia de Covid-19 movilizouse unha resposta financeira europea sen precedentes. A economía española enfréntase a unha oportunidade histórica de transformación por iso a Cámara de Comercio de Santiago xunto co resto de cámaras de comercio, vai a estar ao lado das empresas da súa demarcación para impulsar a súa recuperación e modernización.

A Cámara de Comercio de Santiago activa un servizo de asesoramento para facilitar a todas ás empresas da demarcación cameral a súa participación na presentación de proxectos financiados cos fondos europeos. A través da web da Cámara de Comercio www.camaracompostela.com pódese acceder ao portal #ObjetivoTransformación. Ademais a Cámara ten activado un enderezo de correo electrónico para as dúbidas que poidan xurdir nas empresas da demarcación, secretariageneral@camaracompostela.com

A Cámara de Comercio de Santiago conta co respaldo da Unidade de Apoio da Cámara de España posta en marcha e, formada por profesionais con acreditada experiencia na xestión de fondos e expertos nos ámbitos xurídicos, empresarial e europeo para poder informar, orientar e asesorar ás empresas sobre o marco regulatorio, as novedades lexislativas e os procedementos aplicables aos distintos programas de fondos. A Unidade de Apoio desenvolve a función de información e asesoramento e orientará á Cámara de Santiago e ás empresas da demarcación no ámbito dos proxectos de inversión, ademais de prestar asesoramento gratuito ás pemes nas fases preliminares dos mesmos.

 

https://objetivotransformacion.camara.es/

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña